- Este evento pasou.
Encontros Emprendedores _ Axenda Urbana 2030
Febreiro 28, 2023 @ 12:00 a.m.
Arrancan os Encontros Emprendedores no marco da Axenda Urbana 2030 Santiago de Compostela.
Ao longo do 2023, o Concello de Santiago celebrará un ciclo de dez Encontros Emprendedores que dan continuidade á construción do Santiago do futuro.
A celebración destes Encontros ten un dobre obxectivo: por unha banda, dar a coñecer o Plan de Acción da Axenda Urbana 2030 en Santiago de Compostela; por outra, establecer un espazo de encontro, diálogo e debate entre experiencias inspiradoras que están a desenvolver a súa actividade atendendo aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da cidade.
Os Encontros Emprendedores celebraranse no espazo Mercado Galego da Creatividade, cunha periodicidade mensual. A temática de cada Encontro centrarase en cada eixo do Plan de Acción da Axenda Urbana 2030. A asistencia é libre a calquera persoa interesada na temática a abordar.
O primeiro Encontro Emprendedor:
_ Obxectivo: Territorio, paisaxe e biodiversidade. Dinamizando colectivamente o territorio a través da arte: experiencia de 7H cooperativa cultural.
Carme Casado Casado
Responsable Promoción Económica en CERSIA Empresa (Concello de Santiago)
Contextualización breve da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela
Clara Rodríguez Cordeiro
Socia fundadora de 7H Cooperativa Cultural
Experiencias dos proxectos desenvoltos ao redor da dinamización rural e urbana a través da arte e o diálogo comunitario.
Compartiremos en colectivo as ideas arredor da temática a través dunha dinámica participativa.
_Día: martes, 28 de febreiro.
_Hora: 10.00 – 12.00 h.
_Lugar: Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas). Rúa da Caldeirería, 36 – Santiago.
Inscrición á xornada: https://forms.gle/kjGM3onaqqJHtqqAA
Contacto: encontrosaxendaurbana2030@gmail.com