- Este evento pasou.
Escaparate Vivente de xoiaría _ Asuntos Imaxinarios
Abril 4 @ 11:00 a.m. - 1:30 p.m.
Diana, a creativa de @asuntosimaxinarios, vainos amosar como crea un colgante de filigrana.
Descubriranos técnicas de ourivería tradicional e poderemos ver como prepara os materiais (lixado, recocido do metal con soprete, entorchado, embutido e martelado), como forma os elementos, o proceso de soldadura con soprete, calado con serreta, limado ata que remata co pulido.
Ven ver en primeira persoa esta técnica tradicional!
Actividade: Escaparate Vivente de xoiaría
Autora: Diana Fraiz
Marca: Asuntos Imaxinarios
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 4 de abril
Horario: 11:00 – 13:30 h
Coñece o traballo de Mónica:
Instagram: @asuntosimaxinarios
Facebook: Asuntos Imaxinarios
Unha actividade apoiada por:
@artesania_de_galicia
@xuntadegalicia