- Este evento pasou.
Escaparate Vivente de marroquinería _ MOCAO Artesanía
Abril 3 @ 11:00 a.m. - 1:30 p.m.
Nesta proposta, Mónica, a compañeira de @mocaoartesania, estará a traballar a marroquinería de xeito artesanal.
Poderemos ver diferentes peles e coiros de varias orixes (vaca, poldro, ovella, cabra, porco…) e acabados (curtido vexetal, curtido mineral, acabados lisos, acabados bombeados…). Tamén veremos as diversas técnicas que emprega (ensamblado, bruñido tintado de cantos…), así como materiais e ferramentas propios do oficio (sacabocados, tinturas, escarpelos, punzón…).
Non perdas a oportunidade de coñecer máis de preto este oficio ancestral!
Actividade: Escaparate Vivente de marroquinería
Autora: Mónica Cao
Marca: MOCAO Artesanía
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 3 de abril
Horario: 11:00 – 13:30 h
Coñece o traballo de Mónica:
Instagram: @mocaoartesania
Facebook: MOCAO Artesanía
Unha actividade apoiada por:
@artesania_de_galicia
@xuntadegalicia