Escaparate Vivente de amigurimis _ Boneco Tolo

Que son os amigurumis? Pois esta tendencia ou moda vén de Xapón e consiste e tecer bonequiños pequenos de tecido mediante as técnicas de croché ou ganchillo. Estes bonequiños teñen formas de animais como coellinos, gatos, cans..., ou de comidas, plantas... E por suposto, que non aproveita para facer personaxes da ficción de series ou ... Ler máis

Escaparate Vivente de xoiaría _ Asuntos Imaxinarios

Diana fabrica as súas xoias baixo a marca Asuntos Imaxinarios. Esta creativa sempre está a procura de técnicas e materiais, que ademais de ser alternativos, reduzan o impacto ecolóxico do seu oficio. Inspirada en formas que evocan a tradición galega e con materiais como arames de trastes de guitarra, cristais ou cravos de ferrar, vai ... Ler máis

Escaparate Vivente de xoiaría _ Asuntos Imaxinarios

Unha demostración en directo de distintas técnicas de manipulación do metal usado para a xoiaría. O recocido con soprete para abrandar o material, serreteado para cortar e dar forma, forxado con martelo para crear os volumes e a soldadura con lume, son parte dos procesos que veremos na creación dunha peza. Diana é a xoieira ... Ler máis

Escaparate Vivente de xoiaría _ Noga Art´S

'Chega a primavera!' é o nome que Adriana lle dá ao seu Escaparate Vivente e é que xa está aquí! Unha estación na que florecen os campos e nos gusta levar pezas con cores para ir ao compás da natureza. Por iso Adriana, de Noga Art´S xoiaría artesanal, quere facer esta mostra de traballo en ... Ler máis

Escaparate Vivente de xoiaría _ Carla Alfaia

Carla Alfaia é unha das nosas xoieiras e quere facernos unha demostración en directo de parte do traballo que fai a diario no seu taller. Neste caso vai mostrarnos como facer coa prata unha filigrana galega. Con fíos de prata e coa axuda duns alicates ensinaranos a elaborar e compoñer a filigrana galega para darlle ... Ler máis

Escaparate Vivente de Municas Imperfectas _ Pécora

Mónica preséntanos, no Mercado Galego da Creatividade, as súas 'Municas Imperfectas'. Son bonecas de trapo recicladas e articuladas xa que constan dun esqueleto de arambre que lle permite a articulación. Están elaboradas a partir de elementos reciclados coma tecidos, recheos de guata e lá. Esta deseñadora que podemos atopar baixo a marca Pécora, desta volta ... Ler máis

Escaparate Vivente de escaparatismo _ Denadinteriores

Almudena é unha das nosas interioristas e escaparatistas.  Podemos atopar o seu traballo baixo a marca Denadinteriores.  Con esta demostración en directo ten como obxectivo facernos reflexionar sobre o traballo de crear coas nosas propias mans e dar vida con elas. Coma as raíces na terra, as mans artesás collen a meteria prima da terra ... Ler máis

Escaparate Vivente de labor de gancho _ Boneco Tolo

Boneco Tolo é a marca baixo a que atopamos os produtos de Ana. A través desta demostración de traballo en directo podemos vela traballar coa técnica do gancho para elaborar un boneco. Usando materiais como o algodón 100% ecolóxico e recheo hipoalerxénico, irá creando peciña a peciña o noso boneco. Queres ver o resultado final das ... Ler máis

Escaparate Vivente sobre a filigrana do sapo galego _ Carla Alfaia

Que é un sapo? O sapo galego é unha peza de xoiaría tradicional. En formato colgante ou broche, o sapo é unha xoia popular, de gran tamaño e feito en materiais como o ouro ou a prata.  Ten gran importancia nos séculos XVIII e XIX xa que era un elemento esencial para as mulleres lucir ... Ler máis

Escaparate Vivente sobre ‘Arte Plástica’ _ Mónica García

A actriz, Mónica García, iníciase como artista plástica baixo a marca Espantalla. E nunca mellor dito, porque o próximo sábado, día 28 de maio, presenta a súa colección de pendentes e cestos feitos de plástico reutilizado. Faino desde o escaparate do Mercado, cunha actuación en directo e acompañada polo actor Roberto Leal. Mais..., como comezou ... Ler máis

Escaparate Vivente do ‘Roteiro Cooperativo’ _ Néboa na ría

Temos un novo Escaparate Vivente con motivo da visita guiada programada para este sábado, día 23 de xullo, dentro do ‘Roteiro Cooperativo’. Creativas Galegas é unha das cooperativas que participamos nesta ruta coa finalidade de abrir as portas a coñecer desde dentro, a nosa experiencia e a nosa forma de traballo. Aparte de contar desde ... Ler máis

Escaparate Vivente do ‘Roteiro Cooperativo’ _ Espantalla

Seguimos coas visitas guiadas dentro do ‘Roteiro Cooperativo’ e a segunda cita é este venres, día 29 de xullo. O Escaparate Vivente preparado para esta segunda ruta vai ser o de Mónica García e a súa marca Espantalla. Nesta visita, aparte de contarlle tamén o proxecto de Creativas Galegas, desde o seu funcionamento interno, ás ... Ler máis

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando