
- Este evento pasou.
Escaparate Vivente de xoiaría _ Carla Alfaia
Marzo 30, 2022 @ 5:00 p.m. - 7:30 p.m.

Carla Alfaia é unha das nosas xoieiras e quere facernos unha demostración en directo de parte do traballo que fai a diario no seu taller. Neste caso vai mostrarnos como facer coa prata unha filigrana galega.
Con fíos de prata e coa axuda duns alicates ensinaranos a elaborar e compoñer a filigrana galega para darlle forma a un sapo tradicional galego. Para quenes non coñezan o concepto, o sapo é un colgante composto normalmente de tres partes e é a xoia mais importante na Galicia do século XVIII. A parte superior representa ao sol nacente mentres que as inferiores representan ao aparato reproductor feminino, sendo símbolo de vida, de forza e de muller. Está considerado como un amuleto protector.
Actividade: Escaparate Vivente de elaboración e composición da filigrana galega
Autora: Carla Canedo
Marca: Carla Alfaia
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 30 de marzo
Horario: 17:00 – 19:30 h
Instagram: @carlaalfaia
Facebook: @carlaalfaia
@artesania_de_galicia
@xuntadegalicia
@camino_xacobeo
#creativasgalegas #mercadodacreatividade #artesania #diaseuropeosdelaartesania #artesaniagalicia #santiagodecompostela