loader image
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Escaparate Vivente de amigurimis _ Boneco Tolo

Decembro 30, 2021 @ 12:00 p.m. - 2:00 p.m.

Que son os amigurumis? Pois esta tendencia ou moda vén de Xapón e consiste e tecer bonequiños pequenos de tecido mediante as técnicas de croché ou ganchillo. Estes bonequiños teñen formas de animais como coellinos, gatos, cans…, ou de comidas, plantas… E por suposto, que non aproveita para facer personaxes da ficción de series ou películas que están nos top da cultura pop.

Ana é unha experta en facer este amigurimis. Baixo a súa marca Boneco Tolo ten á venda unha chea destes peluchiños caracterizados. Decimos que é unha experta porque ao vela traballar fainos sentir que algo tan complexo pareza moi sinxelo.

Neste Escaparate vai tecer un amigurimi de principio a fin. Ven a vela!

Actividade: Escaparate Vivente de amigurimis
Autores: Ana Belén
Marcas: Boneco Tolo
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 30 de decembro
Horario: 12:00 – 14:00 h

 

@artesania_de_galicia
@xuntagalicia
@_xacobeo2021

#creativasgalegas #mercadodacreatividade #santiagodecompostela #xuntadegalicia #artesaniadegalicia #amigurumi #gancho #boneco

Detalles

Data:
Decembro 30, 2021
Hora:
12:00 p.m. - 2:00 p.m.
Categoría do Evento:

Protagonista

Recinto

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando