- Este evento pasou.
Escaparate Vivente de marroquinería _ MOCAO
Decembro 23, 2022 @ 11:30 a.m. - 1:30 p.m.
Di a historia que os grandes mestres que esculpían o coiro estaban en Marruecos. De aquí o termo “marroquinería”.
Mais o coiro é un deses materiais empregados polo ser humano desde os principios dos tempos para, a partir del, facer pezas de abrigo. E dalgún xeito, ver a compañeiras nosas, artesás do coiro como son Mónica Cao, da firma Mocao, é como asomarnos a unha ventá que nos mostra, fala e nos conecta con eses momentos iniciais da nosa historia, non si? É máxico ver traballar este material e pensar que xeracións tras xeracións continúan este oficio e reformulan esta arte ás necesidades de cada momento, mais sempre traballando sobre a mesma base, un curtido da pel para que esta perdure no tempo.
Cada artesá aplica o seu deseño e creatividade para darlle a forma final que quere que defina o seu propio estilo de produtos. Queres coñecer o traballo de Mónica? Achégate ao Mercado para vela traballar.
Actividade: Escaparate Vivente ‘marroquinería’
Autora: Mónica Cao
Marca: Mocao Artesanía
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 23 de decembro
Horario: 11:30 – 13:30 h
Instagram: @mocaoartesania
Facebook: MOCAO Artesanía
@artesania_de_galicia
@xuntadegalicia
@camino_xacobeo