- Este evento pasou.
Escaparate Vivente de calceta _ La con Agarimo
Febreiro 21, 2023 @ 11:00 a.m. - 1:30 p.m.
Temos, traballando en directo desde o escaparate, a avoa Desiree, da marca La con Agarimo.
O nome non lle pode quedar mais axeitado, pois se algo poñen as avoas en todo canto elaboran coas agullas, é moito agarimo. Entre as pezas calcetadas por ela podemos atopar prendas de vestir, para adultos e pequenos, e tamén un elevado número de complementos. As cores e as las que vai atopando, son as que lle inspiran para decidir que peza tecer con elas.
Neste escaparate quere amosar varios procesos completos de creación, como lle gusta ás nosas avoas, ensinarnos todo o proceso, pouco a pouco, para que os seus oficios teñan continuidade. Para iso vai elaborar varios complementos diferentes que nos permiten observar os segredos da calceta na creación de cada un deles.
Estaremos moi atentas avoiña e esperando con ansia porque sabemos que nos teus petos sempre hai sorpresas. Que traerá esta vez?
Agardamos a ver que sae dese peto máxico.
Título do taller: “Elaboración de complementos coa calceta”
Técnica: calceta
Autora: Desiree Díaz
Marca: La con Agarimo
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 21 de febreiro
Horario: 11:00 – 13:30 h
Facebook: La con Agarimo
Instagram: @laconagarimo