loader image
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Obradoiro de retrato fotográfico ao estilo do século XIX _ Lab on wheels

Xaneiro 13, 2023 @ 11:30 a.m. - Xaneiro 14, 2023 @ 7:30 p.m.

Queres vivir unha experiencia fotográfica do século XIX e gardar con ela un recordo para toda a vida? Lab on wheels é un proxecto no cal retoman a figura do fotógrafo nómade e empregan a técnica de tintype, unha técnica fotográfica de 1850 que consiste en facer unha fotografía sobre unha placa de aluminio para obter unha imaxe en prata pura. Daniel López e Verónica Alfonso son as persoas que están detrás deste proxecto. Realizan todo o proceso, de principio a fin, de xeito totalmente artesanal e compartindo o traballo coa persoa fotografada. Queres saber mais? Reserva a túa praza no obradoiro que van realizar no Mercado Galego da Creatividade. En que consiste e como funciona este obradoiro?
  • Cada persoa reserva unha sesión de 30 minutos por fotografía. No caso de que alguén quixese facer mais dunha foto debe reservar dúas sesións de 30 minutos cada unha.
  • Máximo de persoas por fotografía: 4 adultos como máximo/foto.
Prezo dos retratos:
  • Fotografía pequena (10×12 cm): 35 €
  • Fotografía mediana (13×18 cm): 55 €
  • Fotografía grande (21,5 x16,5 cm): 70 €
  • Reprodución dixital extra: 5 €
 Como reservar a túa sesión fotográfica? Por certo, tamén serán benvidas as mascotas para ser retratadas ; )   Título da exposición: “Retratos fotográficos ao puro estilo do século XIX coa técnica tintype” Técnica: fotografía Docentes: Daniel López e Verónica Alfonso Marca: Lab on wheels Lugar da exposición: Mercado galego da creatividade Datas: 13 e 14 de xaneiro Horario: 11:30 – 19:30 h (última cita)   Coñece o traballo de Dani e Vero a través das súas RRSS: Instagram: @labonwhells  

Detalles

Comezo:
Xaneiro 13, 2023 @ 11:30 a.m.
Remate:
Xaneiro 14, 2023 @ 7:30 p.m.
Categoría do Evento:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando