Taller de encadernación de tapa dura_ Legendary Tales Editions

Lanzamos novas datas para a modalidade de taller de encadernación dun block con tapa dura impartido por María Ramírez. Este obradoiro ten como obxectivo aprender a elaborar o noso propio block de notas con tapa dura. Aprenderemos a: Facer un cosido das follas coa técnica da cadeneta francesa. Encadernación do block coa tapa dura. Dourado ... Ler máis

Exposición de ourivaría _ Acivro Xoias

O noso mercado acolle a obra de Chus Iglesias onde, ademais de descubrir as alfaias que elabora baixo a súa marca Acivro Xoias, poderedes desfrutar vendo os seus procesos de creación. Deixámosvos as verbas coas que ela mesma nos amosa o seu traballo: Benvidas á ourivaría compostelá do século XXI, ao universo Acivro Xoias. Inspirada ... Ler máis

Taller de encadernación de tapa branda _ Arteira

Queres aprender a facer os teus propios fanzines e non queres que vaian con grampa? Neste obradoiro dunha xornada aprenderemos a facer publicacións de tapa branda cosendo as páxinas coa cadeneta. Eleva o nivel e deseño dos teus libros engadíndolle unha tapa branda. Aprende a facelo a partir de materiais moi sinxelos de conseguir e ... Ler máis

Exposición de xoiaría _ Khepri Arte

Khepri Arte é a marca de Igancio Ansín. A súa fascinación pola civilización do Antigo Exipto é fonte de inspiración para a creación da súa xoiaría. É por iso que toma da súa simboloxía, o nome da marca. Jepri (Khepri), na mitoloxía exipcia, é o deus Sol, símbolo de constante transformación, de crearse a si ... Ler máis

Exposición de xoiaría _ Soledad Mato

Soledad Mato e o poder da xeometría e as cores 💎 Dende hoxe, o Mercado Galego da Creatividade conta coa presenza de Soledad Mato, unha artesá que leva un longo percorrido dedicándose á xoiaría. Nesta exposición, a creadora pon de manifesto as formas xeométricas e unha ampla gama de cores que son insignia de todas ... Ler máis

Escaparate Vivente de calceta _ La con agarimo

Desi, a nosa compañeira experta en la e tecido con agullas, convídanos a unha xornada na que tecer en público e facelo en grupo. Así que si es experto/a nas artes de tecer, principiante ou queres aprenden, acompáñanos e ven a celebrar connosco o Día deTecer en Público. Axúdanos a berrar aos catro ventos como ... Ler máis

Exposición de estampación artesanal _ Amor ó teu

Amor ó teu estampaxe artesanal é a marca de Sandra de Rego, a quen coñecemos por #Amorote e que agora nos quere redescubrir o seu traballo baixo un novo nome, pero co mesmo agarimo pola nosa terra e polo medio ambiente de sempre. Durante as próximas semanas poderedes ver de preto no Mercado Galego da ... Ler máis

Exposición de pintura _ El Escaparate de Bea

Da man de Beatriz Fraguas chega a seguinte exposición, coa natureza e o mar como fontes de inspiración 🌊 Esta artista achéganos unha mostra na que as protagonistas son a pintura a base de óleos e acrílicos en soportes de madeira ou lenzos e a costura mediante teas cunha gama de cores que acompasan coa ... Ler máis

Exposición produtos artesanais solidarios _ Asociación Avante

Acollemos unha nova exposición ao abeiro do proxecto @12comercios12sensibilidadess de Compostela 🌟 Durante este mes, o protagonista desta campaña é o Mercado Galego da Creatividade e a sensibilidade vai para Avante Asociación. Unha asociación que traballa con persoas con discapacidade e cos seus familiares, para defender os seus dereitos e intereses. Hoxe comeza esta exposición ... Ler máis

Exposición de tatuaxe e moda alternativa _ Futakuchi coworking

Nesta ocasión, chega ao Mercado Galego da Creatividade unha mostra na que conflúen técnicas tradicionais (como o bordado e a serigrafía artesanal) e modernas (como a impresión 3D ou tuftinggun) que dan como resultado o traballo colaborativo que Lora González realiza con artistas do mundo do tattoo. Pezas únicas vinculadas á moda alternativa que esta ... Ler máis

Exposición de acuarelas _ Cuire Acuarelas

🐟🖌️Sandra Cuiña preséntanos unha nova mostra do traballo que realiza baixo a marca Cuire Acuarelas e coa que plasma diferentes figuras da cultura galega, da nosa gastronomía ou das peregrinas que chegan a Compostela. As acuarelas son as súas aliadas na elaboración das ilustracións das Marías, das súas interpretacións de Rosalía de Castro ou das ... Ler máis

Exposición de ilustración _ Raquel Montero

Temos unha nova exposición no Mercado e desta vez da man da ilustradora Raquel Montero. Que podemos atopar? Pois unha mostra do percorrido artístico da autora a través de diferentes obras e formatos: tapices, esculturas, fanzines, láminas, debuxos orixinais... Obras creadas inspirándose nos contos de fadas clásicos e mundos fantásticos. Quen é Raquel Montero? Deixámosvos, ... Ler máis

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando