Taller de xoiaría _ Asuntos Imaxinarios

Temos de novo connosco á nosa compañeira Diana de Asuntos Imaxinarios. Quen fixo un taller con Diana sabe da arte desta creativa para facernos pasar un tarde do mais divertida creando pezas de xoiaría. Ata nos vides a ensinar moitas veces á tenda, as pezas que creastes con ela e a contarnos canto as usades. ... Ler máis

Escaparate Vivente de escultura de papel reciclado _ D Rositas

Coñeces a nosa compañeira Charo, a artesá que está detrás da marca D Rositas? Charo fai esculturas e xoiaría a partir de papel de libros que se van estragando co uso, e de non darlles esa oportunidade, os libros irían ao lixo. Neste Escaparate Vivente Charo vai facer unha escultura.  En concreto, vai crear unha ... Ler máis

Escaparate Vivente de marroquinería _ MOCAO

Di a historia que os grandes mestres que esculpían o coiro estaban en Marruecos. De aquí o termo “marroquinería”. Mais o coiro é un deses materiais empregados polo ser humano desde os principios dos tempos para, a partir del, facer pezas de abrigo. E dalgún xeito, ver a compañeiras nosas, artesás do coiro como son ... Ler máis

Taller de elaboración dunha peza en coiro _ Mocao

Temos un segundo taller de coiro para deseñar e crear unha peza propia neste material. A docente deste segundo taller é Mónica, da marca Mocao. Moitos e moitas coñecedes o seu traballo baixo a marca Momó en cueros. É a mesma artesá e está disposta a contarnos os segredos de como traballar a pel para ... Ler máis

Escaparate Vivente de gancho _ Boneco Tolo

Ana traballa a técnica do gancho desde fai moitos anos e é unha verdadeira experta nesta arte. Baixo a súa marca Boneco Tolo decidiu evolucionar os seus coñecementos desta técnica e comercializar novos produtos. Empezou a traballar tecendo, non só en plano para crear prendas e complementos, senón que decidiu facer tecidos en circular para engadir ... Ler máis

Taller de calceta _ La con Agarimo

Como levas a técnica da calceta? Nunca probaches a traballar coas agullas a ver se che gustaba? Gustaríache facelo? Xa o fixeches pero fáltache saber como deseñar o patrón e elixir os puntos? Desy, da marca La con Agarimo é  a nosa experta en la e calceta e vai impartir un taller no que principiantes ... Ler máis

Escaparate Vivente de xoiaría _ Brigantia Orfebres

Yesenia e Nuria son as orfebres que están detrás de Brigantia Orfebres. Desde a súa xoiaría, situada na rúa San Pedro, en Santiago de Compostela, e das RRSS da firma, amosan todo o seu traballo creativo para descubrirnos este oficio e facernos partícipes das técnicas tradicionais da orfebrería. Para este escaparate achéganse a rúa da ... Ler máis

Escaparate Vivente de ilustración _ Rashel Art

Raquel é a artista que está detrás das ilustracións da marca Rashel Art. Esta ilustradora formada en escultura pola Escola de Arte Mestre Mateo en Santiago de Compostela, mostra en toda a súa obra unha marcada personalidade. Ata mesmo se podería dicir que un tanto incómoda e provocadora polo elevado detalle co cal nos mostra ... Ler máis

Obradoiro de retrato fotográfico ao estilo do século XIX _ Lab on wheels

Queres vivir unha experiencia fotográfica do século XIX e gardar con ela un recordo para toda a vida? Lab on wheels é un proxecto no cal retoman a figura do fotógrafo nómade e empregan a técnica de tintype, unha técnica fotográfica de 1850 que consiste en facer unha fotografía sobre unha placa de aluminio para ... Ler máis

Escaparate Vivente de calceta _ La con Agarimo

Temos, traballando en directo desde o escaparate, a avoa Desiree, da marca La con Agarimo. O nome non lle pode quedar mais axeitado, pois se algo poñen as avoas en todo canto elaboran coas agullas, é moito agarimo. Entre as pezas calcetadas por ela podemos atopar prendas de vestir, para adultos e pequenos, e tamén ... Ler máis

Exposición colectiva _ Rosalía de Castro

Neste 23 de febreiro de 2023 queremos mencionar a unha das nosas grandes referentes do pobo galego, María Rosalía Rita de Castro, ou como é coñecida, Rosalía de Castro (1837 - 1885). Unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento Galego. Unha figura feminina que alzou a voz e foi escoitada nun eido no que só se ... Ler máis

Encontros Emprendedores _ Axenda Urbana 2030

Arrancan os Encontros Emprendedores no marco da Axenda Urbana 2030 Santiago de Compostela. Ao longo do 2023, o Concello de Santiago celebrará un ciclo de dez Encontros Emprendedores que dan continuidade á construción do Santiago do futuro. A celebración destes Encontros ten un dobre obxectivo: por unha banda, dar a coñecer o Plan de Acción ... Ler máis

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando