loader image
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Taller de xoiaría _ Asuntos Imaxinarios

Decembro 22, 2022 @ 5:30 a.m. - 7:30 p.m.

Temos de novo connosco á nosa compañeira Diana de Asuntos Imaxinarios.

Quen fixo un taller con Diana sabe da arte desta creativa para facernos pasar un tarde do mais divertida creando pezas de xoiaría. Ata nos vides a ensinar moitas veces á tenda, as pezas que creastes con ela e a contarnos canto as usades. É fantástico conseguir isto e dámosvos as grazas por compartilo connosco.

Pois non podía faltar o seu taller dirixido a pequenos e pequenas de 8 anos en diante, e por suposto, tamén para persoas adultas que sabemos canto os desfrutades.

Neste obradoiro poñeremos en práctica, técnicas básicas da xoiaría para facer pulseiras de arame e doas. Trenzaremos fíos metálicos brandos como son o arame de cobre e aluminio e veremos o uso das cores na xoiaría para facer pezas mais divertidas. Para iso empregaremos contas de cristal e pedra.

Cada quen, ao rematar o taller, levará as pezas creadas. E aquelas persoas con mais maña, poderán levar a xogo coa pulseira, os pendentes. Tamén lle entregaremos unha guía con instrucións básicas de seguridade, descricións de materiais e ferramentas e técnicas empregadas para a elaboración das pezas creadas.

Aceptas o reto de elaborar as túas propias pezas?

 

Título do taller: “Elaboración de xoias con fíos de arame brandos”
Técnica: trenzado de metais brandos combinado con contas de cristal e pedra
Autora: Diana Fraiz
Marca: Asuntos Imaxinarios
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 22 de decembro
Horario: 17:30 – 19:30 h

 

Facebook: Asuntos Imaxinarios
Instagram: @asuntosimaxinarios
Pinterest: Asuntos Imaxinarios

 

@artesania_de_galicia
@xuntadegalicia
@camino_xacobeo

Detalles

Data:
Decembro 22, 2022
Hora:
5:30 a.m. - 7:30 p.m.
Categoría do Evento:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando