Escaparate Vivente de xoaría _ Asuntos Imaxinarios

Con motivo dos Días Europeos da Artesanía, Diana de Asuntos Imaxinarios vai facer tamén unha mostra do seu traballo en directo. Esta xoieira quere amosarnos diversas técnicas de forxado para elaborar as súas pezas. Poderemos ver como Diana corta formas en láminas de cobre con tesoira ou con cortadora de círculos, como abranda o metal ... Ler máis

Taller de Hapa Zome _ Boro

A nosa compañeira Lorena Andrea, da marca Boro, proponnos, con motivo dos Días Europeos da Artesanía, un taller de Hapa Zome. En que consiste? A Hapa Zome é unha técnica sinxela e divertida de Eco Print. Por que elixiu Lora esta actividade? Porque é un taller que se pode facer en familia e compartindo a ... Ler máis

Taller de elaboración dunha peza de coiro _ Mocao Artesanía

Traballaches algunha vez o coiro ata deseñar a partir del unha peza única feita por ti? Gustaríache facelo? Mónica, da marca Mocao Artesanía, traballa coa pel de vaca curtida de xeito vexetal. A partir dela deseña e elabora incribles complementos exclusivos que podedes atopar baixo a súa marca Mocao. A través deste obradoiro vainos ensinar ... Ler máis

Escaparate Vivente de xoiaría _ Soledad Mato

Xa coñecedes á nosa compañeira Soledad Mato e a súa paixón polos minerais, pola historia e lugar de formación de cada pedra e os procesos xeolóxicos responsables da maxia das súas cores e formas nas que cristalizan. Para esta mostra de traballo en directo, Soledad decidiu traballar cunha calcedonia de orixe galega, un mineral de ... Ler máis

Exposición de xoiaría con traballo en directo _ Soledad Mato

Abrimos as portas dunha nova exposición, a da nosa compañeira Soledad Mato.  Soledad é unha xoieira con gran traxectoria no mercado e cuxas pezas se caracterizan, como vos contamos noutras ocasións, pola combinación dos marabillosos minerais que a natureza nos proporciona coa prata que ela mesma traballa de xeito totalmente artesanal, peza a peza. Por ... Ler máis

Exposición de pintura _ Celia Pía

Anunciamos a nova exposición que temos aberta no Mercado Galego da Creatividade! Celia Pía é a artista que nos abre as portas para ensinarnos a súa colección de obras. Co interese posto de cheo na vida e no ser humano, Celia explora coa súa paleta de cores paisaxes próximas e alleas. Esta artista incansable e conciliadora ... Ler máis

Exposición de pintura _ María Feijoo

Baixo o título ‘A pintura é a miña linguaxe’, María Feijóo amosa a súa colección de obras. Esta creativa emprega a pintura como medio de comunicación e o pincel como ferramenta de expresión. Ao son do seu trazo, sobre lenzo, seda ou algodón, María expresa en cada pincelada, unha emoción. Pinto de maneira intuitiva. Case ... Ler máis

Encontros Emprendedores _ Axenda Urbana 2030

Continúa o ciclo de Encontros Emprendedores da Axenda Urbana 2030! O terceiro encontro emprendedor xirará arredor do reto global que supón o cambio climático e a resiliencia. Nesta ocasión contamos coa experiencia de Miguel Pardellas Santiago, da cooperativa Feitoría Verde, que nos contará a súa experiencia en proxectos como “Descarboniza, que non é pouco!” e ... Ler máis

Exposición de pintura _ Cuire acuarelas

Abrimos as portas a unha nova exposición de arte. A persoa que nos convida a coñecer a súa colección de obras é Sandra Cuiña. Sandra ensina todo o seu traballo baixo a marca de Cuire acuarelas e así nos relata a súa traxectoria e as motivacións que a levaron a refuxiarse no universo da pintura: ... Ler máis

Encontros Emprendedores _ Axenda Urbana 2030

Estimados e estimadas: continúa o ciclo de Encontros Emprendedores da Axenda Urbana 2030! O cuarto Encontro abordará a economía circular como oportunidade para o emprendemento de iniciativas aliñadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Gala Nieves, do proxecto Off Connection, compartirá a súa iniciativa, que procura dar unha segunda vida aos excedentes de stock de grandes ... Ler máis

Exposición de obras de arte plástica _ Espantalla arte plástica

Abrimos as portas para presentarvos unha nova exposición. A protagonista desta colección de obras é a nosa compañeira Mónica García. Nos escasos momentos libres que lle deixa a súa carreira de actriz, Mónica fai pezas únicas, á man, moitas delas baseándose nas técnicas da cestería tradicional e creadas a partir de plástico reutilizado. O ano ... Ler máis

Taller de elaboración de velas aromáticas _ BJ Candle

Sentes curiosidade por saber como se fan as velas? Buscas unha actividade divertida? Este taller é para ti! Aprenderás a facer unha vela aromática, desde cero, e da man da nosa experta en velas, Elena de BJ Candle Studio. Ela explicarache os distintos tipos de cera, mechas e fragrancias, como diferencialas e as claves para ... Ler máis

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando