Taller de elaboración de velas aromáticas _ BJ Candle Studio

Tes curiosidade por coñecer o proceso de creación dunha vela aromática? Gustaríache participar nunha actividade divertida e relaxante á vez? Se a resposta a unha das anteriores pregunta é un si, a nosa compañeira Elena, da marca Bj Candle, vai impartir o taller perfecto para ti! Toma nota: En que consiste o taller? Neste obradoiro ... Ler máis

Exposición de produtos estampados artesanalmente _ amorote printing workshop

Abrimos de novo o noso espazo de talleres e exposicións para acoller a obra de amorote printing work shop. Detrás desta firma está a nosa compañeira Sandra de Rego, unha profesional do deseño gráfico que se atopou coas técnicas de estampación e xa nunca mais as deixou. "Ola! Eu son Sandra e amorote é un taller ... Ler máis

Escaparate Vivente de escaparatismo _ Denadinteriores e Spacio b

Xa coñecedes as nosas compañeiras Bea Barril, de Spacio b, e Almudena Rodríguez, de Denadinteriores. Elas son as encargadas de preparar o noso escaparate con motivo desta época de Nadal. Baseándose na temática tradicional dos fogares galegos durante estas datas, van crear un espazo que acolla ao Apalpador, mais coñecido en zonas interiores de Galicia, e ... Ler máis

Estreo do videoclip ‘Rebolos de Maruxío’ _ Maruxío galletas de obrador

Marabillosa proposta temos este fin de semana no Mercado: a presentación do video musical 'Rebolos de Maruxío'. Quen coñece as galletas do obradoiro de María e Uxío, sabe que todo o que elaboran coas súas mans se converte nunha verdadeira exquisitez. E este sábado, aparte de probar sabores creados por eles mesmos, temos a sorte ... Ler máis

Taller de xoiaría _ Noga Art´s

De novo temos no Mercado un taller da nosa compañeira Adriana. Ela é a artesá que está detrás da marca Noga Arts Joyería, e xa que vos gustan tanto os seus talleres, aquí temos outro dos seus obradoiros. Adriana traballa, sobre todo a prata, e fai peza a peza de xeito totalmente artesanal. Por iso ... Ler máis

Taller de elaboración dunha vidreira coa técnica Tiffany_ Tejeluz

Xa coñecedes ao noso compañeiro Juan, da marca Tejeluz, e a fascinación que este artesán sente polo vidro e o xogo que este fai coa luz e as cores cando se atopan. Estamos acostumados/as a que exprese esa paixón a través das súas pezas de xoiaría. Mais desta volta quere sorprendernos e decidiu que neste ... Ler máis

Escaparate Vivente de xoiaría _ Asuntos Imaxinarios

Xa coñecedes á nosa compañeira Diana Fraiz, a xoieira que está detrás da firma Asuntos Imaxinarios. Pois Diana estará mañá, xoves, día 15, traballando en directo desde o escaparate do Mercado, para que quen teña a curiosidade, coñeza os segredos dos procesos de creación e materiais cos cales traballa esta artesá. Vai elaborar en directo ... Ler máis

Taller de serigrafía artesanal _ amorote printing workshop

É unha demanda para moitos e moitas, o taller de estampación de Sandra. Pois aquí o temos para este Nadal. Xa coñecedes a marca amorote, baixo a cal Sandra comercializa todos os seus deseños. E tamén coñecedes o seu taller de estampación, amorote printing workshop, donde traballa con varias técnicas de impresión artesanal para plasmar ... Ler máis

Escaparate Vivente de xoiaría _ Soledad Mato

Temos de novo un Escaparate Vivente de xoiaría, de Soledad Mato. Mais desta vez pretende sorprendernos coa técnica que nos vai mostrar. Estamos habituados/as a ver traballar a Soledad con pedras semipreciosas e prata. O peso das súas xoias recae en gran medida nas historias xeolóxicas que esta xoieira nos conta sobre a formación dos ... Ler máis

Taller de expresión corporal e xogos para familias _ Danza las Lenguas

Achegámosche unha marabillosa proposta de taller: expresión corporal e xogos para familias. O obxectivo desta formación é  conseguir a través da expresión corporal e os xogos en familia, coñecernos e achegarnos, maiores e nenos, a través do baile e do xogo e sobre todo, sobre todo, pasar un moi bo momento xuntos/as. Para iso servímonos ... Ler máis

Taller de pintura sobre metacrilato _ Tejeluz

Gustaríache crear unha orixinal vidreira cun motivo de Nadal para colgar na árbore? Ou nunha fiestra, o fascinante é que xogue cos reflexos da luz. Juan, da marca Tejeluz, ten o taller preparado para que  deixes voar a imaxinación e te leves a túa propia obra para casa.  Neste obradoiro traballaremos con pintura de vidro ... Ler máis

Escaparate Vivente de xoiaría de vidro _ Tejeluz

Xa coñecedes ao noso compañeiro Juan Fuente de traballos que fixo no directo desde o Mercado. A través do seu Escaparate Vivente vai mostrarnos un dos piares básicos do seu traballo diario que comercializa baixo a marca Tejeluz: a técnica de fusing. En que consiste o fusing e por que é tan importante no seu ... Ler máis

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando