Taller de marroquinería 🪡_ Dona Formiguinha

Un lenzo en branco cheo de creatividade en pel. Nerea, a compañeira de @donaformiguinha_galicia, levaranos por un sendeiro de cores no que elaboraremos un cadro con diferentes coiros e fíos encerados aos que lles daremos forma con troqueles, tesoiras e agullas. Prepara as túas mans e deixa voar a túa imaxinación! Actividade: Taller de marroquinería ... Ler máis

Escaparate Vivente de elaboración dunha escultura de libros reciclados

Escaparate Vivente: escultura de libros reciclados Charo, a compañeira que está detrás da marca @d_rositas, traballa con papel de libros que alguén desbota e que ela recupera para darlles unha nova vida. Nesta ocasión imos ter a oportunidade de ver o seu proceso de creación na elaboración dunha escultura de Rosalía de Castro a partir ... Ler máis

Exposición de pinturas e textís _ DTres

O Mercado Galego da Creatividade acolle unha nova colección de obra pictórica. Desta volta contamos coa exposición conxunta de tres artistas invitadas que amosan o seu traballo baixo o nome: DTres. DTres somos Chus Arias (ariasmaje@gmail.com), Isabel Llerena (marieisaa@hotmail.com) e Yolanda Novo (@yolandanovo2). Levamos anos plasmando a nosa creatividade en acuarelas, colaxes, técnicas mixtas, acrílicos, ... Ler máis

Taller de tecido con pinza _ Lola Logaro

Finalista dos premios Artesanía de Galicia e responsable da marca @hilokunedelogaro, Lola Logaro, dedica unha gran parte do seu tempo á formación. Temos o pracer de tela connosco para somerxernos, a través deste obradoiro, na técnica do tecido que coñecemos comunmente como tecido con “horquilla” e que nos permitirá crear motivos e deseños únicos. O ... Ler máis

Taller de elaboración dunha carteira de coiro _ MOCAO Artesanía

Neste taller serás protagonista dende cero, do deseño e proceso de elaboración dunha carteira de pel, coma a da foto. Ao final do obradoiro, levarás a túa propia. Para facer esta peza, poderás escoller entre unha ampla variedade de cores, tipos de peles e fíos cos que confeccionala. Non é necesario ter ningunha experiencia previa, ... Ler máis

Taller de tecido grupal _ Hilokune Estudio Logaro

Este taller de tecido grupal está impartido por  Lola Logaro de Hilokune Estudio Logaro. Queres mellorar e perfeccionar as túas habilidades na arte de tecer e co asesoramento dunha das nosas referentes, finalista dos Premios Artesanía de Galicia? Inscríbete neste taller de @lolalogaro que se vai impartir cunha sesión mensual / grupo. Cada alumno e ... Ler máis

Taller de tecido grupal _ Hilokune Estudio Logaro

Este taller de tecido grupal está impartido por  Lola Logaro de Hilokune Estudio Logaro. Queres mellorar e perfeccionar as túas habilidades na arte de tecer e co asesoramento dunha das nosas referentes, finalista dos Premios Artesanía de Galicia? Inscríbete neste taller de @lolalogaro que se vai impartir cunha sesión mensual / grupo. Cada alumno e ... Ler máis

Taller de creación de selos con luz ultravioleta _ amorote printing workshop

Neste obradoiro mergullarémonos no fascinante mundo da creación de selos utilizando planchas de fotopolímero. Desvelaremos os segredos desta técnica e, cando remates, levarás contigo non só un papel impreso, senón tamén os dous selos únicos que creaches coas túas propias mans. Imos facer dous selos durante a sesión: un cun deseño dixital e outro cun ... Ler máis

Taller de encadernación de tapa dura_ Legendary Tales Editions

Lanzamos novas datas para a modalidade de taller de encadernación dun block con tapa dura impartido por María Ramírez. Este obradoiro ten como obxectivo aprender a elaborar o noso propio block de notas con tapa dura. Aprenderemos a: Facer un cosido das follas coa técnica da cadeneta francesa. Encadernación do block coa tapa dura. Dourado ... Ler máis

Exposición de ourivaría _ Acivro Xoias

O noso mercado acolle a obra de Chus Iglesias onde, ademais de descubrir as alfaias que elabora baixo a súa marca Acivro Xoias, poderedes desfrutar vendo os seus procesos de creación. Deixámosvos as verbas coas que ela mesma nos amosa o seu traballo: Benvidas á ourivaría compostelá do século XXI, ao universo Acivro Xoias. Inspirada ... Ler máis

Taller de encadernación de tapa branda _ Arteira

Queres aprender a facer os teus propios fanzines e non queres que vaian con grampa? Neste obradoiro dunha xornada aprenderemos a facer publicacións de tapa branda cosendo as páxinas coa cadeneta. Eleva o nivel e deseño dos teus libros engadíndolle unha tapa branda. Aprende a facelo a partir de materiais moi sinxelos de conseguir e ... Ler máis

Exposición de xoiaría _ Khepri Arte

Khepri Arte é a marca de Igancio Ansín. A súa fascinación pola civilización do Antigo Exipto é fonte de inspiración para a creación da súa xoiaría. É por iso que toma da súa simboloxía, o nome da marca. Jepri (Khepri), na mitoloxía exipcia, é o deus Sol, símbolo de constante transformación, de crearse a si ... Ler máis

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando