loader image
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Exposición de pinturas e textís _ DTres

Abril 15 - Abril 27

O Mercado Galego da Creatividade acolle unha nova colección de obra pictórica. Desta volta contamos coa exposición conxunta de tres artistas invitadas que amosan o seu traballo baixo o nome: DTres.

DTres somos Chus Arias (ariasmaje@gmail.com), Isabel Llerena (marieisaa@hotmail.com) e Yolanda Novo (@yolandanovo2). Levamos anos plasmando a nosa creatividade en acuarelas, colaxes, técnicas mixtas, acrílicos, óleos e traballos téxtiles e de costura, sen mais pretensión que darlle canle e desfrutar facéndoo e compartindo. Cada quen foi polo seu lado, mais agora reunímonos para amosar as últimas obras, por forzas diversas  –tres percepcións, tres sensibilidades, tres maneiras de construír imaxes plásticas– que, aínda así, teñen un fío condutor: a representación visual da Natureza  sobre papeis e tecidos nos que as cores xogan un papel  expresivo e formal decisivo.

Por iso, estruturas orgánicas, floristas, paisaxes e árbores, tanto os creados preto do natural –no  caso de Isabel- como os imaxinados (Chus) e mesmo fantasiados (Yolanda), constitúen os motivos destas tres propostas e as súas respectivas auras.  Visibles a primeira vista ou suxeridos, eles están nos forros das chaquetas confeccionadas por Chus a partir das súas pinturas, cobran vida nas visións arbóreas e florais de Isabel e latexan nos “auto-colaxes” e acuarelas inventivas de Yolanda.

Gústanos moito expoñer(nos) no espazo do Mercado Galego da Creatividade impulsado por “Creativas Galegas”. A nosa gratitude vai para elas e a súa visión do traballo artístico. Tamén vai  para os grupos de debuxantes urbanos que, na Coruña e Santiago, foron e son boa parte dos acubillos e alicerces do noso apaixonado proceso de  experimentación con pigmentos, deseños, formatos e soportes.

Yolanda Novo: Comparto nesta ocasión una mostra das miñas acuarelas abstractas sobre a Natureza xurdidas de fantasías e invencións persoais da mesma, ou sexa, non pintadas do natural. A estes experimentos e xogos chámolles “ocorrencias” ou “ensoñacións imaxinarias” de árbores e flores. Imaxes íntimas dun mundo orgánico que atinxe, tamén, as súas partes mais escondidas: os entramados arbóreos e de raíces, o zume, as sementes, as texturas do po que as suxeita á terra. Moitas destas composicións fíxenas con recortes e descartes das miñas propias acuarelas, a modo de “auto-colaxes”, pois sinto que para fermosear a vida e ensanchar poeticamente as súas representacións visuais case que todo pode ser cuestión de cortar e pegar.

Isabel Llerena: A través das miñas acuarelas trato de expresar, coas cores, a sensación de liberdade que me produce o contacto directo coa natureza.

Chus Arias: Cores e teas, acuarelas e texturas. Formas imaxinadas nestas creacións nas que conxugo a costura, afección herdada coa pintura, ferramenta de expresión que sempre me acompaña. Por que non expandir as creacións a soportes neutros? Dende a imaxinación do papel ás teas.

 

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN: luns, día 15 de abril, ás 19:00 h.

Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Datas: 16 – 27 de abril
Horario: 10:30 – 20:30 h

Achégate a coñecer este grupo DTresSímbolos de género femenino SVG PNG JPG Descarga digital imagen 1!

Detalles

Comezo:
Abril 15
Remate:
Abril 27
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando