loader image
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Taller de elaboración dunha carteira de coiro _ MOCAO Artesanía

Abril 20 @ 5:00 p.m. - 8:00 p.m.

Neste taller serás protagonista dende cero, do deseño e proceso de elaboración dunha carteira de pel, coma a da foto. Ao final do obradoiro, levarás a túa propia.

Para facer esta peza, poderás escoller entre unha ampla variedade de cores, tipos de peles e fíos cos que confeccionala.

Non é necesario ter ningunha experiencia previa, xa que este taller está pensado para persoas que queiran ter un primeiro contacto co coiro. Utilizaremos ferramentas básicas como a coitela, regras de patchwork, sacabocados de ruleta e golpe, punzón….

Aprenderemos técnicas básicas de como facer o patrón, cortamos as pezas que necesitamos, ensamblamos e cosemos.

E todo isto baixo a atenta mirada de Mónica, a nosa artesá a cargo deste divertido e produtivo taller.

O prezo do taller inclúe todo o material e ferramentas que necesitas, para que fagas a que será a túa carteira favorita e a leves posta para a casa.

Necesitas unha carteira? Ven a este taller, vive a experiencia e leva de regalo, a carteira que necesitas creada coas túas propias mans.

Esperámoste!

Taller de: elaboración dunha carteira de coiro
Técnicas: creación do patrón, corte, ensamblar e coser
Formadora: Mónica Cao
Marca: MOCAO Artesanía
Lugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade
Datas do taller: 20 de abril
Horario: 17:00 – 20:00 h
Custo do taller: 45 € (Todos os materiais incluídos)

Merca o teu taller aquí Mercar

Reserva a túa praza: 605 14 12 41

Coñece o traballo de Mónica:
Instagram: @mocaoartesania

Detalles

Data:
Abril 20
Hora:
5:00 p.m. - 8:00 p.m.
Categoría do Evento:

Recinto

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando