Exposición de cerámica _ Piros Heija

Abrimos a nosa sala de exposicións para ensinarvos o traballo de Piros Héjja, unha apaixonada da cerámica. Esta creativa húngara, establecida en Compostela dende hai un tempo, namorouse do barro dende o primeiro momento en que as súas mans traballaron con este material. Sentiu como espertaba a súa creatividade e como estimulaba o seu impulso ... Ler máis

Exposición _ Ruxe design

Jenny é a quinta xeración de colareiras de O Grove. As mulleres da vila recollían as conchas que o mar deixaba atrás, uníanas con fío e elaboraban divertidos colares que logo vendían na Illa da Toxa a visitantes fascinados co traballo final destas artesás. De tales raíces nace a inquietude da nosa compañeira por crear ... Ler máis

Exposición de xoiaría _ Ana Benito

Acollemos unha nova exposición na tenda para mostrarvos o traballo de Ana Benito Vinós, unha xoieira de Compostela con medio corazón mexicano. É por iso que ambas culturas están presentes en cada unha das súas pezas: Ela mesma se nos presenta: “Se me tivese que describir, diría que son bióloga de corazón e xoieira de ... Ler máis

Taller de encadernación _ María Ramírez

María Ramírez imparte a súa V edición de taller de encadernación para que te leves a túa libreta personalizada. Neste obradoiro aprenderemos a coser con cadeneta, a facer unha encadernación con tapa dura, a dourar os cantos do noso caderno e a decoralo co deseño que nós elixamos debuxándoo co lapis térmico. En imaxes deixamos ... Ler máis

Exposición colectiva _ Mercado Tarado

Queres atopar artigos imperfectamente exclusivos, sacados do baúl do ‘veremos que fago contigo algún día’ que todo artesán/á ten —se di que non, minte ou non é artesán/á—, pezas feitas á man con historia propia e obras á venda a demasiado bo prezo? Benvidos e benvidas ao noso 𝐌𝐞𝐫𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐓𝐚𝐫𝐚𝐝𝐨: unha chea de produtos artesanais ... Ler máis

Taller de iniciación ao ecoprint _ Hiar artesanía

Unha experiencia creativa para mergullarte na natureza e descubrir como follas e flores poden quedar plasmadas para sempre nun tecido de seda. Neste obradoiro de iniciación entrarás no universo do ecoprint, aprendendo as bases desta técnica de estampaxe botánica e creando unha peza única en seda que gardará para sempre a beleza efémera dos campos ... Ler máis

Taller de coiro _ Dona Formiguinha

Neste obradoiro aprenderemos a elaborar un peto de coiro con Nerea de Dona Formiguinha. Veremos como cortar as pezas de pel que precisamos, como montalas para darlle a forma ao noso peto e decoraremos como se fose casiña fantástica. Requisitos para poder participar: 👉 Ter 12 anos ou mais.   Actividade: Taller de elaboración dun ... Ler máis

Taller de calceta _ La con agarimo

Neste obradoiro aprenderemos a elaborar adornos de Nadal con Desi de La con agarimo. Veremos como calcetar figuras en 3D para colgar nas nosas árbores de Nadal ou onde queiramos decorar con figuriñas destas datas. Requisitos para poder participar: 👉 Ter 10 anos ou mais. 👉 Saber montar puntos nas agullas de calceta. 👉 Saber ... Ler máis

Taller de ecoprint _ Hiar Artesanía

Neste obradoiro estamparemos un pano coa técnica do ecoprint e ao carón de Susana de Hiar Artesanía. Cada participante levará o seu pano feito polas súas propias mans. Requisitos para poder participar: 👉 Ter 12 anos ou mais.   Actividade: Taller de estampación con ecoprint Autora: Susana Rodríguez Marca: Hiar artesanía Lugar: Mercado Galego da ... Ler máis

Escaparate Vivente de xoiaría _ Soledad Mato

Nesta demostración de traballo en directo poderemos ver todo o proceso de elaboración dun colar a partir de filamento de prata e pedras semipreciosas. Soledad Mato será a xoieira que estará traballando en directo desde o escaparate para que todas as persoas que teñen curiosidade por coñecer de preto o traballo artesanal poidan achegarse, coñecela ... Ler máis

Taller de xoias con miyuki _ Mica

Gustaríache aprender a elaborar a túa propia xoia coa técnica de miyuki? Pendentes, pulseiras e colgantes que podes crear ti mesma combinando as túas cores favoritas. Ven a este obradoiro de Mónica da marca Mica. Cada participante levará as súas propias xoias. Requisitos para poder participar: 👉 Ter 14 anos ou mais.   Actividade: Taller ... Ler máis

Escaparate Vivente de xoiaría _ Sonia Arnaiz

Sonia Arnaiz traslada o seu taller ao escaparate do Mercado Galego da Creatividade para amosarnos todo o proceso artesanal que hai detrás da creación dos seus aneis de prata 925 inspirados na espuma de mar. Veremos como lle da forma ao metal coa man, como constrúe o volume mediante as esferas fundidas de prata e ... Ler máis

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando