- This event has passed.
Escaparate Vivente de xoiaría _ Sonia Arnaiz
Decembro 15, 2025 @ 11:00 a.m. - 1:30 p.m.

Sonia Arnaiz traslada o seu taller ao escaparate do Mercado Galego da Creatividade para amosarnos todo o proceso artesanal que hai detrás da creación dos seus aneis de prata 925 inspirados na espuma de mar.
Veremos como lle da forma ao metal coa man, como constrúe o volume mediante as esferas fundidas de prata e como consigue a textura que evoca o movemento da espuma mariña.
Unha mostra do oficio de xoiaría, a técnica que implica, a precisión que esixxe e a sensibilidade coa que traballa esta artesá no deseño e confección da xoia.
Actividade: Escaparate Vivente de xoiaría
Autora: Sonia Arnaiz
Marca: Sonia Arnaiz
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 15 de decembro
Horario: 11:00 – 13:30
✨Actividade patrocinada por Artesanía de Galicia, entidade da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.




