Taller de elaboración de baixela de terrazo con ecoresina _ Matinée Club Creative

Achegamos unha nova proposta de taller. As responsables da idea e da formación son as nosas compañeiras: Olalla Borrego e Claire- Marie Aubert. Dúas creativas que teñen como propósito ensinarnos a elaborar unha bandexa de terrazo a partir de ecoresina. Nesta experiencia mergullarémonos en técnicas básicas do deseño para aprender a crear diferentes obxectos decorativos ... Ler máis

Exposición de escultura de poriestireno _ Napalmadaman

Inauguramos unha nova exposición no Mercado. Unha vez mais, abrimos as portas para marabillarnos, en vivo e en directo, co traballo do noso compañeiro Juan.  Xa vos contamos noutras ocasións, o compromiso deste creativo á hora de reducir a cantidade de lixo que desbotamos, coidar o planeta e conseguir deixar a menor pegada posible nel. E ... Ler máis

Taller de creación dun selo artesanal para estampar sobre papel ou téxtil _ amorote printing workshop

En que consiste o block printing? É unha das técnica de estampaxe manual mais tradicionais e versátil e consiste estampar unha tea ou o papel por exemplo cun selo de madeira. E que imos facer neste obradoiro? Aparte de desfrutar dunha xornada traballando coas nosas propias mans, aprenderemos nocións básicas de deseño e creación dun ... Ler máis

Taller de elaboración dunha vela aromática _ BJ Candle Studio

Aprende a crear a túa propia vela aromática neste taller e pasa un rato divertido! Nel ensinarémosche a facer unha vela desde o cero da man de Elena de BJ Candle Studio. Elena explicarache os distintos tipos de cera, mechas e fragrancias. Veremos como diferencialas e as claves para usar unhas ou outras. Elena ten ... Ler máis

Exposición de pintura _ Jaqueline Elizabeth

Baixo o título de ‘Mosaicos’ expón Jaqueline a súa nova colección de acuarelas. Un conxunto de pinturas que nos nun mergulle nun microcosmos de cor e formas suxestivas e persoais. Subliña, a través das súas acuarelas, a importancia dos pequenos detalles como base imprescindible sobre a que se sustenta cada momento da vida. “Cada representación, ... Ler máis

Encontros Emprendedores _ Axenda Urbana 2030

Última oportunidade para participar dos Encontros Emprendedores! A mobilidade sostible e accesible será a temática deste Encontro, no que contaremos coa presentación dos eixos estratéxicos do novo Plan de Mobilidade Urbana Sostible do Concello de Santiago, así como da experiencia de Accede Social, un Centro Especial de Emprego que desenvolve servizos relacionados coa mobilidade accesible. ... Ler máis

Taller de confección dun bolso reciclando trozos de téxtil _ Nobelo a nobelo

Temos unha proposta mais de taller por parte dunha das nosas artesás. Neste caso é María, da firma Nobelo a nobelo, a que a lanza este obradoiro. María, aparte de bordado téxtil, tamén confecciona pequenas pezas e complementos téxtiles para adultos e bebés. Moitas destas pezas están confeccionadas seguindo unha filosofía de economía circular, pois ... Ler máis

Taller de acuarela _ Grupo Bosquejeros

Dentro da súa exposición 'Mosaicos', Jaqueline e os seus compañeiros/as do grupo Bosquejeros, organizan un taller básico de pintura con acuarela. Quen pode asistir a este taller de acuarela? Infantil e adultos. O feito de que teñamos á nosa disposición mais dunha persoa profesional desta técnica de pintura, permítenos poder atender aos mais pequenos/as e ... Ler máis

Taller de serigrafía _ amorote printing workshop

Obradoiro financiado por Artesanía de Galicia, Xunta de Galicia. Taller de serigrafía.. Sandra, de amorote printing workshop, é a docente que imparte este taller. O seu obxectivo é estampar un mantel con elementos da natureza. Para iso empregaremos ferramentas dun taller de serigrafía, racletas, pantallas, tintas de base auga, espátulas e un secador. Cada persoa ... Ler máis

Taller de xoiaría de prata _ Soledad Mato

Obradoiro financiado por Artesanía de Galicia, Xunta de Galicia. Taller de xoiaría en prata. Soledad, da marca Soledad Mato, é a docente que imparte este taller. Nesta formación, a nosa xoieira experta na combinación de prata e diferentes minerais da natureza, ensinaranos a elaborar un anel de prata. Aprenderemos a crear unha alianza desde cero. ... Ler máis

Taller de confección con reciclaxe téxtil _ Nobelo a nobelo

Obradoiro financiado por Artesanía de Galicia, Xunta de Galicia. Taller de confección dun bolso. María, da marca Nobelo a nobelo, é a docente que imparte este taller. Nesta formación veremos como reciclar un tecido dennin en desuso para darlle unha nova vida e uso confeccionando a partir del un marabilloso bolso feito por nós. O ... Ler máis

Taller de xoiaría de papel _ D Rositas

Obradoiro financiado por Artesanía de Galicia, Xunta de Galicia. Taller de xoiaría de papel. CHaro, de D Rositas, é a docente que imparte este taller. Charo é a raiña da reciclaxe do papel para crear verdadeiras xoias e esculturas a partir del. Neste obradoiro imos aprender a crear unha pulseira e unha gargantilla con abelorios ... Ler máis

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando