Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Taller de xoiaría de papel _ D Rositas

Decembro 20, 2023 @ 4:30 PM - 7:30 PM

Obradoiro financiado por Artesanía de Galicia, Xunta de Galicia.

    Taller de xoiaría de papel.

    CHaro, de D Rositas, é a docente que imparte este taller.

    Charo é a raiña da reciclaxe do papel para crear verdadeiras xoias e esculturas a partir del. Neste obradoiro imos aprender a crear unha pulseira e unha gargantilla con abelorios que elaboraremos coas nosas propias mans a partir de papel de revistas e libros reciclados.

    Crearemos tiras de papel cortadas en forma de triángulo isósceles para logo enrolalas sobre si mesmas ata facer o abelorio. Deseñaremos diferentes pezas para alternalas entre si como se ve na imaxe ata darlle a forma que buscamos á nosa peza.
    Veremos como conseguir a dureza do papel e como empregar papeis de diferentes cores para deseñar a xoia.

    O obradoiro está dirixido a adultos e nenos a partir de 10 anos.

    Aquí deixamos mais detalles desta formación:
    Taller de: xoiaría
    Técnica: elaboración de xoias de papel endurecido
    Formadora: Charo Remo
    Marca: D Rositas
    Lugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade
    Data do taller : 20 de decembro
    Horario: 16:30 – 19:30 h
    Custo do taller: gratuíto

    Reserva a túa praza: 605 14 12 41

    Coñece o traballo de Charo:
    Instagram: @d_rositas

Detalles

Data:
Decembro 20, 2023
Hora:
4:30 PM - 7:30 PM
Categoría do Evento:

Deixa un comentario

0
    0
    A túa cesta
    A túa cesta está baleiraVolver á tenda