- Este evento pasou.
Taller de confección dun bolso reciclando trozos de téxtil _ Nobelo a nobelo
Novembro 25, 2023 @ 10:30 a.m. - 1:30 p.m.
Temos unha proposta mais de taller por parte dunha das nosas artesás. Neste caso é María, da firma Nobelo a nobelo, a que a lanza este obradoiro.
María, aparte de bordado téxtil, tamén confecciona pequenas pezas e complementos téxtiles para adultos e bebés. Moitas destas pezas están confeccionadas seguindo unha filosofía de economía circular, pois recicla roupa vaqueira, camisas e outros produtos téxtiles que xa non se poden usar para darlles unha segunda vida. En vez de tirar ao lixo María prefire dar unha segunda oportunidade e é unha experta en salvar teas de boa calidade para crear unha peza nova, de deseño, artesanal e cunha longa vida por diante.
Que imos facer neste taller?
Imos aprender a elaborar unha peza, que podemos usar como neceser ou como bolso a partir de telas de vaqueiros que xa non podemos usar como tal.
Vamos, o que vén sendo unha reciclaxe téxtil en toda regra, nun obradoiro de costura!
Que precisamos que traias ao taller para poder participar?
- Máquina de coser
- Cinta métrica
- Alfinetes
- Agullas
- Algúns fíos de cores
- Un vaqueiro que non uses xa
- Algunha camisa ou vestido que tampouco uses (para o forro)
- Algún aplique se desexas engadirlle ese toque ao bolso
As cremalleiras e a entretela poñémola nós.
Anímaste a pasar unha xornada de costura connosco? Toma nota:
Actividade: taller de elaboración dun bolso a partir de reciclaxe téxtil
Autora: María Gaiteiro
Marca: Nobelo a nobelo
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 25 de novembro
Horario: 10:30 – 13:30 h
Prezo: 45 €
Merca o teu taller aquí Mercar
Reserva a túa praza chamando ao teléfono: 605 141 241
Coñece a María e á súa marca: Nobelo a nobelo
Facebook: Nobelo a nobelo, tecidos, mercería
Instagram: @nobelo_a_nobelo