- Este evento pasou.
Encontros Emprendedores _ Axenda Urbana 2030
Novembro 21, 2023 @ 10:00 a.m. - 1:00 p.m.
Última oportunidade para participar dos Encontros Emprendedores!
A mobilidade sostible e accesible será a temática deste Encontro, no que contaremos coa presentación dos eixos estratéxicos do novo Plan de Mobilidade Urbana Sostible do Concello de Santiago, así como da experiencia de Accede Social, un Centro Especial de Emprego que desenvolve servizos relacionados coa mobilidade accesible.
Este Encontro permitirá poñer en común as necesidades existentes en canto á mobilidade e o transporte, salientar as oportunidades ao abeiro da Axenda Urbana en canto á mobilidade na cidade, e tamén xerar propostas e ideas en común.
Inscríbete e participa!
O décimo Encontro Emprendedor:
_ Obxectivo: A mobilidade sostible e accesible
“A mobilidade urbana sostible e accesible: necesidades e oportunidades”
Carme Casado Casado
Responsable Promoción Económica en CERSIA Empresa (Concello de Santiago)
Contextualización breve da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela
Pablo Alonso
Eptisa
Silvia Alende
Accede Social
_Día: martes, 21 de novembro de 2023.
_Hora: 10.00 – 13.00 h.
_Lugar: Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas). Rúa da Caldeirería, 36 – Santiago.
Inscrición á xornada: https://forms.gle/vyLNEAMd2k5T5QBR9
Contacto: encontrosaxendaurbana2030@gmail.com
#axendaurbana #au2030santiago #encontrosemprededoresAU2030 #AchégateAoSantiagoDoFuturo #ODS #ODS11 #Compostela #PMUS #Mobilidade #Accesibilidade #Sostibilidade