- Este evento pasou.
Taller de acuarela _ Grupo Bosquejeros
Decembro 2, 2023 @ 11:00 a.m. - 1:00 p.m.
Dentro da súa exposición ‘Mosaicos’, Jaqueline e os seus compañeiros/as do grupo Bosquejeros, organizan un taller básico de pintura con acuarela.
Quen pode asistir a este taller de acuarela?
Infantil e adultos.
O feito de que teñamos á nosa disposición mais dunha persoa profesional desta técnica de pintura, permítenos poder atender aos mais pequenos/as e a adultos.
Taller gratuíto.
Non inclúe os materiais. O material de traballo deben traelo os/as alumnos/as.
Que materiais deben traer os/as alumnas?
_ Acuarelas.
_ Pinceis.
_ Papel de acuarela.
Actividade: Taller básico de pintura con acuarela
Autoras: Grupo Bosquejeros
Marca: Bosquejeros
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 2 de decembro
Horario: 11:00 – 13:00 h
Reserva a túa praza chamando ao teléfono: 605 14 12 41
Coñece a este colectivo: @boSCQuejeros