Taller de calceta _ La con agarimo

Gustaríache aprender a calcetar? Quizais evolucionar sobre a base que xa tes? Ou facer unha peza determinada e necesitas axuda para eses puntos que se che resisten? Sexan  cales sexan as túas razóns, esperámoste no taller de calceta con Desi de La con Agarimo.   Elixe o grupo que mellor che encaixa: Grupo de MARTES ... Ler máis

⭐ Exposición · Mulleres con cousas na cabeza ⭐ “Debuxosdeminutos” · Belinda Besada Vergara

Mercado Galego da Creatividade Caldeirería 36, Santiago de Compostela, Spain

No Mercado Galego da Creatividade abrimos un espazo para parar… e mirar con calma. “Debuxosdeminutos” é un proxecto que nace do impulso máis íntimo: o debuxo automático como fío condutor dun proceso que non busca resultado, senón verdade. Liñas que emerxen sen plan previo, que flúen sobre o papel e que, case sen avisar, se ... Ler máis

Obradoiro · Iniciación ao lettering ou caligrafía artística

Entre tinta, trazos e paciencia nace a beleza da escrita feita a man ✨ Neste obradoiro de iniciación aprenderemos as bases do lettering e da caligrafía artística empregando ferramentas tradicionais e modernas. Durante a sesión faremos un pequeno achegamento ás leis do deseño aplicadas á tipografía creativa e coñeceremos técnicas de ornamentación como o fileteado ... Ler máis

⭐ Exposición · AMORA ARTESANÍA ⭐ Cadernos que contan historias

Mercado Galego da Creatividade Caldeirería 36, Santiago de Compostela, Spain

No Mercado Galego da Creatividade abrimos as portas a un universo feito con calma, fío e memoria ✨   Amora Artesanía, da man de Vanesa Gómez, tráenos unha colección de cadernos, álbums e pezas únicas creadas a través da encadernación artesanal e o bordado manual. Cada obra nace dun proceso pausado, onde as mans marcan ... Ler máis

⭐ Exposición · MICA ⭐ Fibras que contan historias

Mercado Galego da Creatividade Caldeirería 36, Santiago de Compostela, Spain

⭐ Exposición · MICA ⭐ Fibras que contan historias No Mercado Galego da Creatividade recibimos a delicada proposta de Mica Bisu, unha marca que transforma fibras naturais en pequenas xoias cheas de textura, sensibilidade e conexión coa natureza 🌿 A través de materiais como a seda, a fibra de plátano, o fío de ortiga ou ... Ler máis

Obradoiro – Elaboración de xabón natural

Neste taller Anika explicaranos o proceso de elaboración de xabón natural sólido co método en frío, unha técnica tradicional que respecta as propiedades dos ingredientes e permite crear pezas únicas, feitas con calma e intención. Ademais da parte práctica, tamén haberá un espazo para entender o “por que” de cada mestura: aprenderás a formular para ... Ler máis

⭐ Exposición · Ruxe Design ⭐

Mercado Galego da Creatividade Caldeirería 36, Santiago de Compostela, Spain

Do 2 ao 13 de xuño, o espazo expositivo do Mercado Galego da Creatividade énchese das cores, texturas e materiais que dan forma ao universo creativo de Ruxe Design.   Detrás desta marca está Jenny, artesá grovense e herdeira dunha tradición que leva xeracións transformando os tesouros que o mar deixa na costa. Daquelas colareiras ... Ler máis

⭐ Escaparate Vivente · Día Mundial de Tecer en Público ⭐

O vindeiro 13 de xuño, o Mercado Galego da Creatividade énchese de fíos, mans en movemento e moitas ganas de compartir ✨🧶 Da man de La con Agarimo convidamos a todas as persoas amantes do tecido, do ganchillo e das artes téxtiles a participar nunha xornada moi especial de tecido en público. Durante todo o ... Ler máis

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando