Loading Events

« All Events

⭐ Exposición · Diálogos ⭐

Xuño 16 @ 10:30 a.m. - Xuño 27 @ 8:30 p.m.

 

Do 16 ao 27 de xuño, o espazo expositivo do Mercado Galego da Creatividade convértese nun lugar de encontro entre a cerámica e a xoiería da man de Carme Ayala e Ana Benito.

 

Esta mostra nace dunha relación moi especial: Carme, ceramista, foi profesora de Ana no seu achegamento ao mundo da cerámica. Da admiración mutua, da aprendizaxe compartida e das conversas arredor dos procesos creativos xorde esta exposición conxunta, onde ambas creadoras exploran a súa relación coa materia desde linguaxes diferentes.

 

🏺 Carme Ayala traballa a cerámica como un espazo de diálogo entre o corpo e o material. As súas pezas nacen da observación, do xesto e da necesidade de comprender como a materia se transforma e dá lugar a novas realidades.

 

✨ Ana Benito, bióloga de corazón e xoieira por paixón, crea pezas en prata de lei e pedras naturais inspiradas no mar, as montañas, os animais e as plantas. Formas orgánicas e detalles delicados que reflicten a súa conexión coa natureza.

 

Terra, metal, pedra e man únense nunha exposición que fala de procesos, de vínculos e da capacidade dos materiais para contar historias.

 

Agardámoste no Mercado Galego da Creatividade para descubrir este diálogo entre dúas creadoras que atopan na materia unha fonte inesgotable de inspiración.

 

🔶 Exposición aberta do 16 ao 27 de xuño

🔶 Mercado Galego da Creatividade · Santiago de Compostela

 

📸 Fotos: Carme Ayala e Ana Benito

📝 Texto: @amoroteuestampaxeartesanal

Details

Start:
Xuño 16 @ 10:30 a.m.
End:
Xuño 27 @ 8:30 p.m.

Venue

Mercado Galego da Creatividade
Caldeirería 36
Santiago de Compostela, Spain
+ Google Map
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando