⭐ Escaparate Vivente · Día Mundial de Tecer en Público ⭐
Xuño 13 @ 10:30 a.m. - 8:30 p.m.

O vindeiro 13 de xuño, o Mercado Galego da Creatividade énchese de fíos, mans en movemento e moitas ganas de compartir ✨🧶
Da man de La con Agarimo convidamos a todas as persoas amantes do tecido, do ganchillo e das artes téxtiles a participar nunha xornada moi especial de tecido en público.
Durante todo o día, o noso escaparate converterase nun espazo vivo onde crear, conversar e tecer colectivamente. Un lugar para reivindicar o feito a man, os tempos lentos e esa maxia que nace cando compartimos o que sabemos facer 💛
Non importa se levas anos tecendo ou se acabas de empezar: trae a túa labor, as túas agullas e ganas de pasar un anaquiño do día acompañada doutras persoas creadoras.
🧵 Escaparate vivente de tecido en público
📍 Mercado Galego da Creatividade
🧵 Marca: @laconagarimo
📅 13 de xuño
🕥 De 10:30 a 20:30 h
💫 Participación libre durante toda a xornada
Porque tecer tamén é crear comunidade 🌿
#TecerEnPublico #WorldWideKnitInPublicDay #EscaparateVivente #LaConAgarimo #MercadoGalegoDaCreatividade #CreativasGalegas #FeitoAMan #ArtesaniaGalega #Tecer #Crochet #Ganchillo #Knitting #Artesania #ComercioLocal #FeitoEnGalicia #SlowMade #ComunidadeCreativa #ArteTextil #FiosQueUnen #HandmadeGalicia



