Loading Events

« All Events

⭐ Exposición · MICA ⭐ Fibras que contan historias

Maio 19 @ 10:30 a.m. - Maio 30 @ 8:30 p.m.

⭐ Exposición · MICA ⭐
Fibras que contan historias

No Mercado Galego da Creatividade recibimos a delicada proposta de Mica Bisu, unha marca que transforma fibras naturais en pequenas xoias cheas de textura, sensibilidade e conexión coa natureza 🌿

A través de materiais como a seda, a fibra de plátano, o fío de ortiga ou a biocerámica, Mica Bisu crea pezas únicas de xoiaría artesanal sostible, feitas con calma e respecto polos procesos e os materiais.

Cada creación nace dende unha mirada consciente, onde a elegancia vai da man dun consumo máis responsable e dunha maneira máis amable de relacionarnos co que levamos posto ✨

Unha exposición onde descubrir a beleza das fibras naturais, o valor do feito a man e esas pezas especiais que gardan a esencia do artesanal.

📌 INFORMACIÓN DA EXPO
▫️ Exposición: Fibras que contan historias
▫️ Marca: Mica Bisu

▫️ RRSS: @mica_bisu_
▫️ Lugar: Mercado Galego da Creatividade
▫️ Datas: do 19 ao 30 de maio
▫️ Horario: 10:30 a 20:30

Cartelería e texto por @amoroteuestampaxeartesanal 💙

Details

Start:
Maio 19 @ 10:30 a.m.
End:
Maio 30 @ 8:30 p.m.
Website:
www.creativasgalegas.gal

Venue

Mercado Galego da Creatividade
Caldeirería 36
Santiago de Compostela, Spain
+ Google Map
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando