Obradoiro – Elaboración de xabón natural
Maio 31 @ 10:00 a.m. - 2:00 p.m.

Neste taller Anika explicaranos o proceso de elaboración de xabón natural sólido co método en frío, unha técnica tradicional que respecta as propiedades dos ingredientes e permite crear pezas únicas, feitas con calma e intención.
Ademais da parte práctica, tamén haberá un espazo para entender o “por que” de cada mestura: aprenderás a formular para que poidas crear as túas propias receitas na casa e seguir experimentando coas túas mans.
🌿 Durante o obradoiro:
- Introdución ao xabón natural e ao método en frío.
- Coñecemento dos ingredientes e as súas propiedades.
- Parte teórica para aprender a formular as túas propias receitas.
- Preparación e mestura dos materiais.
- Elaboración do teu propio xabón natural sólido.
- Levarás contigo a peza elaborada no taller.
𝐀𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞: 𝐎𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐞𝐥𝐚𝐛𝐨𝐫𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐱𝐚𝐛𝐨́𝐧 𝐧𝐚𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥
Marca: Feitizo Soaps (@feitizosoaps)
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 31/05/2026
Horario: 10:00 – 14:00 h
Prezo: 60 €
Inclúe todo o material necesario para que só te preocupes de gozar do proceso, aprender e crear coas túas propias mans ✨
Un obradoiro perfecto para quen quere iniciarse no mundo da cosmética natural dun xeito consciente e artesanal 🌱
🔶Texto e cartel: @amoroteuestampaxeartesanal
#creativasgalegas #mercadogalegodacreatividade #xabónnatural #cosmeticanatural #feitonaman #artesanía #obradoiro #galicia #comerciolocal #economiasocial #creatividade #deseñogalego #feitizosoaps #agasallosconalma




