⭐ Exposición · AMORA ARTESANÍA ⭐ Cadernos que contan historias
Maio 5 @ 10:30 a.m. - Maio 17 @ 8:30 p.m.

No Mercado Galego da Creatividade abrimos as portas a un universo feito con calma, fío e memoria ✨
Amora Artesanía, da man de Vanesa Gómez, tráenos unha colección de cadernos, álbums e pezas únicas creadas a través da encadernación artesanal e o bordado manual. Cada obra nace dun proceso pausado, onde as mans marcan o ritmo e cada detalle conta.
Dende o seu taller en Rebordechán (Crecente), Vanesa constrúe pezas que beben do rural e do tradicional, reinterpretadas cunha mirada fresca, colorida e moi viva. Cadernos que non só gardan palabras… senón que xa veñen cargados de historia 💛
Hai tamén un compromiso co que nos rodea: coa lingua, creando formatos en galego como receitarios, diarios ou axendas; co social, participando activamente na comunidade; e co ambiental, empregando materiais con certificación ecolóxica e reaproveitando cada pequeno anaco de produción.
Unha exposición que pon en valor o tempo, o coidado e ese saber facer que só ten o artesanal 🧵
📌 INFORMACIÓN DA EXPO
▫️ Exposición: Cadernos que contan historias
▫️ Marca: Amora Artesanía
▫️ Lugar: Mercado Galego da Creatividade
▫️ Datas: do 5 ao 17 de maio
▫️ Horario: 10:30 a 20:30
Cartelería e texto por @amoroteuestampaxeartesanal 💙



