Loading Events

« All Events

⭐ Exposición de xoiería con Sonia Arnaiz ⭐

Xullo 28 @ 8:00 a.m. - 5:00 p.m.

Do 28 de xullo ao 8 de agosto, a nosa sala de exposicións énchese de formas orgánicas, texturas e luz da man da xoieira Sonia Arnaiz.

A súa obra entende a xoiería como unha forma de arte para levar posta. Cada peza está creada artesanalmente en prata e enriquecida con acabados mate, oxidados e branqueados, xunto coa delicadeza do pan de ouro de 22 quilates. Inspirada no mar e na súa constante transformación, Sonia crea xoias que evocan corais, ondas e elementos naturais desde unha mirada contemporánea.

Ao longo da exposición poderás descubrir non só as súas pezas únicas, senón tamén parte do proceso que hai detrás de cada unha delas: un traballo pausado, preciso e profundamente artesanal, onde cada detalle conta.

Achega a descubrir unha colección que convida a mirar o metal como un material vivo, cheo de movemento e expresión.

✨ Agardámoste na nosa sala de exposicións.

🔶 Texto e cartel: Amor ó Teu · Estampaxe Artesanal

Details

Date:
Xullo 28
Time:
8:00 a.m. - 5:00 p.m.
Series:
Website:
https://www.soniaarnaiz.com/

Venue

Mercado Galego da Creatividade
Caldeirería 36
Santiago de Compostela, Spain
+ Google Map

Start:
Xullo 28 @ 10:30 a.m.
End:
Agosto 8 @ 8:30 p.m.
Series:
Website:
https://www.soniaarnaiz.com/

Venue

Mercado Galego da Creatividade
Caldeirería 36
Santiago de Compostela, Spain
+ Google Map
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando