Abrimos a tenda online de Creativas Galegas! ; )

Estamos de celebración! Creativas Galegas abre, o día 5 de decembro de 2020,  o seu primeiro espazo físico de venta, O Mercado Galego da Creatividade. Ese foi o noso primeiro fito. O segundo, crear unha ventá online para que desde calquera recuncho do mundo se nos poida seguir, e ver, con tan só asomarse a ... Ler máis

Exposición ‘IKIGAI’ _ Maite Fajardo

Abrimos as portas do Mercado Galego da Creatividade para visitar a exposición ‘IKIGAI’. Maite Fajardo é a artista detrás da marca Pincelada de Hada, e autora desta colección de pintura acrílica. A través destas obras, Maite, déixanos entrar a coñecer un pedaciño do seu rico mundo interior, da súa intimidade. A exposición leva como título ‘IKIGAI’, unha ... Ler máis

Escaparate Vivente de escaparatismo _ Spaciob e Denadinteriores

As interioristas e escaparatistas, Bea Barril, da marca spacio b, e Almudena Rodríguez, de Denadinteriores, vannos deleitar cun Escaparate Vivente conxunto. Como moitos e moitas sabedes, a través dos nosos Escapartates Viventes facemos mostras do noso traballo, en directo, desde o Mercado. Bea e Almudena colaboran para facer a motaxe dun escaparate que represente a cada unha ... Ler máis

Taller de creación de adornos de Nadal _ Lorena Romero

A nosa compañeira Lorena é unha profesional do deseño de interiores. Esta creativas é a fundadora de Lorena Romero interior design + home staging, unha empresa que ten como obxectivo facer dos nosos espazos, un verdadeiro fogar. Se algo define a Lorena é a delicadeza e a elegancia coa que fai todo o que pasa ... Ler máis

Taller de estampación sobre papel _ amorote printing workshop

Sandra, de amorote printing workshop, agasállanos este Nadal cun taller de estampación block printing sobre papel. Poden participar nenos a partir de 6 anos e tamén adultos. Aprenderemos a personalizar un caderno kraft con diferentes tipos de tinta, e motivos. Non sei ti pero... por aquí, xa estamos pensando a quen agasallar con ese caderno ... Ler máis

Escaparate Vivente de xoiaría de vidro _ Tejeluz

Juan é un creativo que aposta polo feito á man, pola creación de pezas únicas, a elegancia, a sinxeleza e todo isto dentro dun marco de sustentabilidade. Con estes fins e propósitos creou a súa marca de xoiaría, Tejeluz, a partir de vidros de diferentes cores, reciclados. Neste Escaparate vai amosar en directo como facer ... Ler máis

Taller de esmaltado de vidro _ Tejeluz

E seguimos con talleres neste Nadal. Desta volta o taller vén da man de Juan da marca Tejeluz. Imos crear obras únicas debuxando e esmaltando fragmentos de vidro reciclado. Levaremos para a casa a nosa propia vidreira, con un deseño pensado, creado e esmaltado por nós mesmos/as. Pezas personalizadas, feitas con agarimo e dedicación que ... Ler máis

Taller para pequenos orfebres _ Brigantia orfebres

Para os mais pequenos e pequenas, e os que xa non o son tanto, temos este taller de ourivaría. Nuria e Yesenia son as encargadas de levar a cabo este obradoiro de xoiaría creada a partir de obxectos reciclados. Seguimos no Nadal e as nosas compañeiras de Brigantia orfebres queren axudarnos a crear xoias para ... Ler máis

Free

Escaparate Vivente de xoiaría _ Noga Art´s

Adriana é unha artesá compostelana cunha longa experiencia como xoieira. Baixo a súa marca Noga Art´s xoiaría artística, crea pezas exclusivas inspiradas na natureza. Este sábado fará en directo, unha exhibición do seu traballo diario. Centrará esta mostra na soldadura da peza de prata e como inscrustalle a pedra natural para darlle o toque final ... Ler máis

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando