- Este evento pasou.
Taller para pequenos orfebres _ Brigantia orfebres
Decembro 11, 2021 @ 11:30 a.m. - 1:30 p.m.
FreePara os mais pequenos e pequenas, e os que xa non o son tanto, temos este taller de ourivaría.
Nuria e Yesenia son as encargadas de levar a cabo este obradoiro de xoiaría creada a partir de obxectos reciclados. Seguimos no Nadal e as nosas compañeiras de Brigantia orfebres queren axudarnos a crear xoias para agasallar nestas datas. Xoias únicas como colgantes, pulseiras, pendentes…, que podemos facer coas nosas mans a partir de cristais, cunchas e arame, entre outros moitos obxectos que reciclamos.
Neste taller os nosos orfebres coñecerán as distintas ferramentas empregadas neste oficio e verán unha pequena demostración do seu funcionamento.
Actividade: taller de ourivaría
Autoras: Nuria Prado e Yesenia Guerrero
Marca: Brigantia orfebres
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 11 de decembro
Horario: 11:30 – 13:30 h
Reserva a túa praza aquí
@xuntagalicia
@artesania_de_galicia
@xacobeo2021_22
#creativasgalegas #mercadogalegodacreatividade #creatividade #creatividad #santiagodecompostelo #artesaniadegalicia