Feira de artesanía ‘Paseo Artesá’ _ VI Día da Galicia Exterior

O 9 de xullo vémonos na alameda de Santiago, nunha feira de artesanía que terá lugar ao longo do Paseo da Ferradura. Aparte dun programa de actuacións musicais, de 11:00 a 21:00 h podemos desfrutar desta feira expositiva. Creativas Galegas organizamos, da man de Artesanía de Galicia, o 'Paseo Artesá', con motivo da celebración do ... Ler máis

Taller de estampación sobre papel _ amorote printing workshop

Taller libre de estampación artesanal sobre papel, da man da marca amorote printing workshop.  Será o día 9 de xullo, na alameda de Santiago, e con motivo da feira de artesanía “Paseo Artesá”. Sandra é a persoa que nos vai ensinar a estampar un caderno kraft con diferentes selos e cores. Que necesitas levar ao ... Ler máis

Taller de bordado _ Nobelo a nobelo

O día 9 de xullo, na alameda de Santiago, impartimos un taller de bordado botánico. Da man de María, a creativas que está detrás da firma Nobelo a nobelo, aprenderemos a facer un bordado nun marcapáxinas. Precisamos que a xente que asista a este taller teña algo de habilidade coas agullas e o fío. Reserva ... Ler máis

Exposición ‘Artista Invitado’ _ BoSCQuexeir@s

Inauguramos unha nova exposición no Mercado e abrimos unha nova proposta no espazo: ‘Artista Invitado’. Estreamos esta iniciativa do ‘Artista Invitado’ para,  a través dela, amosar o traballo de xente creativa, que non está dentro do colectivo Creativas Galegas, e da cal nos gusta o traballo que fai. Comezan con esta nova iniciativa, o grupo ... Ler máis

‘Roteiro Cooperativo’

O ‘Roteiro Cooperativo’ é unha actividade que realiza a Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Concello de Santiago de Compostela. O obxectivo desta iniciativa é divulgar a economía social e os seus valores. Por iso, a través dunha ruta guiada coñeceremos de preto catro cooperativas da cidade pertencentes a sectores moi diferentes: • Creativas Galegas • ... Ler máis

Escaparate Vivente do ‘Roteiro Cooperativo’ _ Néboa na ría

Temos un novo Escaparate Vivente con motivo da visita guiada programada para este sábado, día 23 de xullo, dentro do ‘Roteiro Cooperativo’. Creativas Galegas é unha das cooperativas que participamos nesta ruta coa finalidade de abrir as portas a coñecer desde dentro, a nosa experiencia e a nosa forma de traballo. Aparte de contar desde ... Ler máis

Escaparate Vivente do ‘Roteiro Cooperativo’ _ Espantalla

Seguimos coas visitas guiadas dentro do ‘Roteiro Cooperativo’ e a segunda cita é este venres, día 29 de xullo. O Escaparate Vivente preparado para esta segunda ruta vai ser o de Mónica García e a súa marca Espantalla. Nesta visita, aparte de contarlle tamén o proxecto de Creativas Galegas, desde o seu funcionamento interno, ás ... Ler máis

Exposición de arte sobre madeira _ Taracea

A taracea é unha técnica ancestral de artesanía sobre madeira. Podemos atopar os primeiros traballos desta arte en Mesopotamia, 3000 a.C. Xurdiu como técnica de revestimento de mobles, pavimentos, paredes e para crear diferentes obxectos artísticos. Etimolóxica deriva do vocábulo árabe tarṣī que significa incrustación. E é que niso consiste esta técnica artística, na incrustación ... Ler máis

Exposición de arte téxtil _ Nobelo a nobelo

Dicía Uxío Novoneyra, nun dos seus poemas, «nobelo a nobelo faise o mantelo». A María Gaiteiro gustoulle tanto a expresión, e pareceulle que definía tan ben o seu traballo, que decidiu collela emprestada para o nome do seu proxecto, e para o título da exposición que temos aberta, desde hoxe, no Mercado Galego da Creatividade. ... Ler máis

Taller de bordado _ Nobelo a nobelo

Queres aprender a bordar e facelo da man dunha das grandes profesionais desta arte? Este venres, día 26 de agosto, tes a oportunidade de asistir a un taller impartido por María Gaiteiro.  María traballa baixo a marca Nobelo a nobelo e temos que dicir, que o bordado, é a súa especialidade. O obxectivo deste taller ... Ler máis

10€

Exposición de ‘arte enlatada’ _ Vaidelatas

Temos unha nova e orixinal exposición no Mercado. E como di o nome deste proxecto, a cousa 'vai de latas'. Araceli Blanco e Mar Castro son as creativas que están detrás desta marca: Vaidelatas. Mar e Araceli representan ideas, conceptos e escenas do mais singulares, usando como escenario para elas, latas de conserva. Crean pequenos ... Ler máis

Taller O bodegón latero _ Vaidelatas

Estamos preparando un taller no que a diversión está asegurada: crea o teu bodegón fotográfico. Como xa che contamos, a exposición que temos agora mesmo no Mercado, é a de Mar e Araceli, dúas fotógrafas profesionais que decidiron un día crear arte dentro de latiñas de conserva. Que todas as persoas que visitades a exposición ... Ler máis

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando