Exposición _ Ruxe design

Jenny é a quinta xeración de colareiras de O Grove. As mulleres da vila recollían as conchas que o mar deixaba atrás, uníanas con fío e elaboraban divertidos colares que logo vendían na Illa da Toxa a visitantes fascinados co traballo final destas artesás. De tales raíces nace a inquietude da nosa compañeira por crear ... Ler máis

Exposición de xoiaría _ Ana Benito

Acollemos unha nova exposición na tenda para mostrarvos o traballo de Ana Benito Vinós, unha xoieira de Compostela con medio corazón mexicano. É por iso que ambas culturas están presentes en cada unha das súas pezas: Ela mesma se nos presenta: “Se me tivese que describir, diría que son bióloga de corazón e xoieira de ... Ler máis

Exposición colectiva _ Mercado Tarado

Queres atopar artigos imperfectamente exclusivos, sacados do baúl do ‘veremos que fago contigo algún día’ que todo artesán/á ten —se di que non, minte ou non é artesán/á—, pezas feitas á man con historia propia e obras á venda a demasiado bo prezo? Benvidos e benvidas ao noso 𝐌𝐞𝐫𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐓𝐚𝐫𝐚𝐝𝐨: unha chea de produtos artesanais ... Ler máis

Exposición Mercado Tarado

Despois dun Nadal intenso, no que todos e todas quedamos cun peto algo máis lixeiro, volvemos abrir un dos nosos baúis favoritos: o das pezas especiais, únicas e algo rebeldes. Chega a 2ª edición do 𝐌𝐞𝐫𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐓𝐚𝐫𝐚𝐝𝐨 💙 Aquí atoparás creacións artesanais que non volven á colección: pezas con un pequeno defectiño, prototipos que non ... Ler máis

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando