Xel & champú
24,90 €
para todo tipo de peles, totalmente natural e vegano.
Xel e Champú específicamente deseñado para a infancia. Resulta perfecto para todo tipo de peles, mesmo as máis sensibles e problemáticas. Indicado para recentemente nados, bebés, peques e persoas adultas.
Hidrata, suaviza e limpa con delicadeza respectando a barreira dérmica. Rexenera e restaura o equilibrio da pel e o cabelo. Achega calma e alivio á irritación, non pica nos ollos. Aclárase facilmente.
Grazas aos seus principios activos orgánicos e aos seus tensioactivos suaves e naturais é ideal para todo tipo de peles. Todos os seus ingredientes son naturais, sostibles e de orixe vexetal.
Enriquecido con Camomila, Tomiño, Salvia e Avea, que engadimos en forma de avenantramidas, un concentrado de activos que potencian os efectos calmantes, suavizantes e antioxidantes.
Propiedades
Forma unha agradable capa de escuma que se aclara facilmente. Ideal para usar desde o primeiro día. Momentos agradables e relaxantes asegurados na hora do baño!
Sen perfumes nin colorantes engadidos.
Libre de transxénicos.
Ingredientes de orixe vexetal.
Produto Vegano.
Ingredientes
Cada ingrediente está presente por unha boa razón:
Camomila: Obtida directamente da flor. Rexenera, suaviza e calma a pel. Actúa como tonificante natural.
Avea: Engadida en forma de avenantramidas, un concentrado dos activos que potencian os efectos calmantes, suavizantes e antioxidantes da avea. Inhibe a inflamación, reduce a irritación e prevén o enroibamento.
Salvia: Obtida de plantas de cultivos sostibles, criadas en condicións xéricas (extremadamente secas) para potenciar o seus efectos. Achega unha hidratación profunda e de longa duración. Potencia o efecto barreira da pel.
Tomiño: Escollido entre unha selección de follas e flores. Protexe das agresións externas e achega propiedades antioxidantes.
Listado INCI de Ingredientes: aqua, decyl glucoside, sodium lauroyl lactylate, cocamidopropyl betaine, propanediol, coco-glucoside, hydrogenated starch hydrolysate, maltooligosyl glucoside, sodium cocoyl glutamate, chamomilla recutita (matricaria) flower extract, thymus vulgaris (thyme) flower/leaf extract, betaine, avena sativa (oat) extract, salvia sclarea extract, citrus aurantium amara fruit extract, citrus reticulata fruit extract, citrus sinensis peel extract, glycerin, tocopherol, guar hydroxypropyltrimonium chloride, benzyl alcohol, sodium chloride, potassium sorbate, sodium benzoate, sodium hydroxide, citric acid, lactic acid.
Modo de emprego
Usar tantas veces como sexa necesario sobre pel e cabelo húmidos ou engadir na auga de baño. Apto dende o primeiro día para bebés, peques e persoas adultas, para toda a familia.
7 dispoñibles