

24,90 €
Crema facial e corporal para todo tipo de peles, totalmente natural e vegana.
Crema hidratante especialmente formulada para a infancia, ideal para todo tipo de peles mesmo as máis sensibles e esixentes. Apta dende o primeiro día para bebés, peques e persoas adultas.
Hidratante, protectora, emoliente, antioxidante e calmante. Potencia o efecto barreira da pel e brinda alivio e protección en peles irritadas, arroibadas ou con proído.
O seu segredo está na súa delicada fórmula con todos os seus ingredientes naturais, sostibles e de orixe vexetal. É especialmente eficaz tratando e aliviando as peles máis problemáticas, imaxina os seus resultados sobre a pel sa!
Enriquecida con Manteiga de karité ecolóxica, Caléndula, Regalicia e Aceite de oliva virxe extra ecolóxico, procedente de olivas recollidas a man no seu punto de maduración e de primeira presión en frío.
Propiedades
Suave e doada de estender. Absórbese rapidamente, achega unha duradeira sensación de hidratación e calma que permanece durante horas.
Sen perfumes nin colorantes engadidos.
Libre de transxénicos.
Ingredientes de orixe vexetal.
Produto Vegano.
Ingredientes
Cada ingrediente está presente por unha boa razón:
Manteiga de Karité: Elaborada a man mediante o método tradicional, por unha cooperativa que empodera comunidades de mulleres rurais no norte de Ghana, respectuosa e sostible. Achega unha hidratación intensa de longa duración e actúa como protector solar natural.
Aceite de Oliva: Virxe extra e de primeira presión en frío. De orixe ecolóxica e provinte de olivas de cultivos sostibles recollidas a man no seu punto de maduración. Rexenera, nutre e suaviza a pel.
Caléndula: Obtida da flor. Calma profundamente, reduce a inflamación e rexenera a estrutura da pel.
Regalicia: Obtida da raíz da planta. Protexe grazas ás súas propiedades antimicrobianas e antioxidantes. Atrapa os radicais libres.
Listado INCI de Ingredientes: aqua, butyrospermum parkii (shea butter), olea europaea oil, calendula officinalis flower extract, glycyrrhiza glabra (licorice) root extract, coco-caprylate/caprate, hydrogenated olive oil unsaponifiables, cetearyl olivate, sorbitan olivate, olive oil polyglyceryl-6 esters, cetearyl alcohol, sodium stearoyl lactylate, betaine, propanediol, citrus aurantium amara fruit extract, citrus reticulata fruit extract, citrus sinensis peel extract, glycerin, tocopherol, saccharide isomerate, benzyl alcohol, xanthan gum, sodium citrate, citric acid, lactic acid.
Modo de emprego
Usar tantas veces como sexa necesario masaxeando suavemente sobre a pel limpa de cara e corpo. Apta dende o primeiro día para bebés, peques e persoas adultas, para toda a familia.
Cookie | Duración | Descrición |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-advertisement | 1 year | Establecida por el complemento de consentimiento de cookies de GDPR, esta cookie se utiliza para registrar el consentimiento del usuario para las cookies en la categoría "Publicidad". |
cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | Esta cookie está configurada por el complemento de consentimiento de cookies de GDPR. La cookie se utiliza para almacenar el consentimiento del usuario para las cookies en la categoría "Analíticas". |
cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | La cookie está configurada por el consentimiento de cookies de GDPR para registrar el consentimiento del usuario para las cookies en la categoría "Funcional". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | Esta cookie está configurada por el complemento de consentimiento de cookies de GDPR. Las cookies se utilizan para almacenar el consentimiento del usuario para las cookies en la categoría "Necesarias". |
cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | Esta cookie está configurada por el complemento de consentimiento de cookies de GDPR. La cookie se utiliza para almacenar el consentimiento del usuario para las cookies en la categoría "Otras". |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | Esta cookie está configurada por el complemento de consentimiento de cookies de GDPR. La cookie se utiliza para almacenar el consentimiento del usuario para las cookies en la categoría "Rendimiento". |
elementor | never | Esta cookie es utilizada por el tema de WordPress del sitio web. Permite al propietario del sitio web implementar o cambiar el contenido del sitio web en tiempo real. |
viewed_cookie_policy | 11 months | La cookie está configurada por el complemento de consentimiento de cookies de GDPR y se utiliza para almacenar si el usuario ha dado su consentimiento o no para el uso de cookies. No almacena ningún dato personal. |