loader image

Coñecendo a Nerea Herrera

Unha idea orixinal de Laura González.

Que mellor fórmula hai para coñecer o traballo dunha artista que a de que sexa ela mesma a que nos fale sobre o seu proceso creativo?

Compartimos convosco un podcast que vai espertar a vosa alma imaxinativa, dende a voz dos seus protagonistas. Unha visión sobre as diferentes marcas que aniñan baixo o colectivo de Creativas Galegas dende o seu interior. En cada un dos capítulos que conforman esta paisaxe sonora coñeceremos e escoitaremos as persoas que se agochan tras estas marcas.

Neste capítulo presentamos a Nerea Herrera  que nos falará do seu proxecto e nos mostrará a súa forma de expresar a súa arte.

A marca:

Dona Formiguinha

Quen está detrás do proxecto:

Nerea Herrera

Profesión:

Marroquinería

Breves pinceladas da técnica empregada:

O meu traballo consiste en facer dende cero calquera produto de coiro.  Unha mochila por exemplo, facendo primeiro o patrón base, cortando, tinguindo, cosendo a pel…,  ata ter o produto rematado.

Momento ou motivo de inicio do proxecto:

O momento de pensar no proxecto foi fai moitos anos, non sabería dicir cando. O causa foi a necesidade de cambio, do traballo anterior e da vida anterior. Alá polo ano 2017.

Que debe plasmar o traballo final:

Si o traballo é personalizado debe representar a idea do cliente o máximo posible.  Encántame ver a cara da xente cando dou no cravo da súa mente. E si é algo de creación propia , algo similar. Ten que ser unha copia exacta do que vin na miña mente  e debe facerme sorrir ao remate da peza.

Unha película, un libro e unha canción de inspiración:

Amélie de Jean-Pierre Jeunet

Come, Reza, Ama de Elizabeth Gilbert

Si te vas de Extrem duro,  Big city Life de Mattafix…, entre outras moitas

Un consello para alguén que quere emprender no eido cultural galego: 

Que nos se renda e que confíe en si mesma/o.

O mellor consello recibido.:

Sen presa pero sen pausa.

Por que formar parte de Creativas Galegas? Que pode aportar e que aporta?

Porque xuntos/as, somos máis fortes. E a mellor maneira de chegar a onde unha soa non pode. Mola a enerxía grupal, o concepto,  a idea…

Deixa un comentario


0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando