loader image

Coñecendo a Celia Pía

Coñecendo a Celia Pía

Unha idea orixinal de Laura González.

Que mellor fórmula hai para coñecer o traballo dunha artista que a de que sexa ela mesma a que nos fale sobre o seu proceso creativo?

Compartimos convosco un podcast que vai espertar a vosa alma imaxinativa, dende a voz dos seus protagonistas. Unha visión sobre as diferentes marcas que aniñan baixo o colectivo de Creativas Galegas dende o seu interior. En cada un dos capítulos que conforman esta paisaxe sonora coñeceremos e escoitaremos as persoas que se agochan tras estas marcas.

Neste capítulo presentamos a Celia Pía que nos falará do seu proxecto e nos mostrará a súa forma de expresar a súa arte.

A marca:

Celia Pía

Quen está detrás do proxecto:

Celia Pía

Profesión:

Dedícome á creación e exerzo coma profesora de piano e pianista acompañante na rede de Cmus da comunidade galega.

Breves pinceladas da técnica empregada:

Xogo a pintar. Calquera obxecto pode ser un soporte.

Na música, para compoñer, entro en bucles coma se fosen labirintos e despois busco como saír deles.

Momento ou motivo de inicio do proxecto:

No século pasado, hahaha, aínda que coma marca, adecuando orixinais a outros formatos estreeime este ano pasado, cando me deron a oportunidade de entrar no Mercado Galego da Creatividade.

Que debe plasmar o traballo final:

O espírito da idea.

Unha película, un libro e unha canción de inspiración:

Bagdad Café

El camino hambriento de Ben Okri

Volar de El Kanka.

Unha frase inspiradora:

“La naturaleza no siempre es perfección, pero siempre es vida” (E. Willems)

Un consello para alguén que quere emprender no eido cultural galego?

O mellor consello que ti recibiches?

Respondo ás dúas preguntan cun verbo: Faino.

Por que formar parte de Creativas Galegas? Que pode aportar e que aporta?

Creativas galegas é un motor moi potente, unha paisaxe que se transforma amparado polas miradas, por orde alfabética, de Bea, Isa e Sandra. Un colectivo de profesionais que fan as cousas ben, con compañeirismo e de forma respectuosa. Unha manifestación do “todos a una” e escola á vez.

2 comentarios en “Coñecendo a Celia Pía”

Deixa un comentario


0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando