Taller de xoiaría de prata _ Soledad Mato

Obradoiro financiado por Artesanía de Galicia, Xunta de Galicia. Taller de xoiaría en prata. Soledad, da marca Soledad Mato, é a docente que imparte este taller. Nesta formación, a nosa xoieira experta na combinación de prata e diferentes minerais da natureza, ensinaranos a elaborar un anel de prata. Aprenderemos a crear unha alianza desde cero. ... Ler máis

Taller de confección con reciclaxe téxtil _ Nobelo a nobelo

Obradoiro financiado por Artesanía de Galicia, Xunta de Galicia. Taller de confección dun bolso. María, da marca Nobelo a nobelo, é a docente que imparte este taller. Nesta formación veremos como reciclar un tecido dennin en desuso para darlle unha nova vida e uso confeccionando a partir del un marabilloso bolso feito por nós. O ... Ler máis

Taller de xoiaría de papel _ D Rositas

Obradoiro financiado por Artesanía de Galicia, Xunta de Galicia. Taller de xoiaría de papel. CHaro, de D Rositas, é a docente que imparte este taller. Charo é a raiña da reciclaxe do papel para crear verdadeiras xoias e esculturas a partir del. Neste obradoiro imos aprender a crear unha pulseira e unha gargantilla con abelorios ... Ler máis

Taller de marroquinería _ Dona Formiguinha

Obradoiro financiado por Artesanía de Galicia, Xunta de Galicia. Taller de creación dun peto de coiro. Nerea, de Dona Formiguinha, é a docente que imparte este taller. Este obradoiro ten como obxectivo que as persoas asistentes a el elaboren un peto de coiro, cortizo e madeira. Cun patrón, cortamos as pezas que precisamos para deseñar ... Ler máis

Taller de calceta _ La con Agarimo

Obradoiro financiado por Artesanía de Galicia, Xunta de Galicia. Taller de calceta. Desiree, de La con Agarimo, é a docente que imparte este taller. Desiree é a nosa raiña da la e a calceta coas agullas. Neste obradoiro ensinaranos a deseñar e confeccionar unha peza de la completa. O obradoiro está dirixido a persoas que ... Ler máis

Taller de encadernación con tear medieval _ Legendary Tales Editions

Seguimos organizando novas edicións dos talleres de encadernación. Desta volta, María Ramírez, de Legendary Tales Editions, ensinaranos a facer unha encadernación cosida con tear medieval. O obradoiro ten como obxectivo aprender a elaborar o noso propio block inspirándonos na encadernación dos libros do século XIX. Aprenderemos a: _ Coser cun tear. _ Coser una cabezada. ... Ler máis

Taller de encadernación _ Legendary Tales Editions

Este Nadal agasalla a experiencia dun Obradoiro. Propoñémosche ideas: Lanzamos novas datas para a modalidade de taller de encadernación dun block con tapa dura. Está impartido por María Ramírez de Legendary Tales Editions. Este obradoiro ten como obxectivo aprender a elaborar o noso propio block de notas con tapa dura. Aprenderemos a: _ Facer un ... Ler máis

Elaboración dunha vela aromática

Aprende a crear a túa propia vela aromática neste taller e pasa un rato divertido! Nel ensinarémosche a facer unha vela desde o cero da man de Elena de BJ Candle Studio. Elena explicarache os distintos tipos de cera, mechas e fragrancias. Veremos como diferencialas e as claves para usar unhas ou outras. Elena ten ... Ler máis

Taller de creación de selos con luz ultravioleta _ amorote printing workshop

Neste obradoiro mergullarémonos no fascinante mundo da creación de selos utilizando planchas de fotopolímero. Desvelaremos os segredos desta técnica e, cando remates, levarás contigo non só un papel impreso, senón tamén os dous selos únicos que creaches coas túas propias mans. Imos facer dous selos durante a sesión: un cun deseño dixital e outro cun ... Ler máis

Retrato fotográfico _ Xaime Cortizo

Temos una nova proposta para ti. Como xa sabes, no espazo expositivo do Mercado está á venda unha selección da obra fotográfica de Xaime Cortizo. Estará aquí, na Rúa da Caldeirería, 36, ata o día 30 de marzo, e ten dúas propostas para ti: Retrato fotográfico profesional: Esa foto profesional que sempre che piden e ... Ler máis

Taller de iniciación ao bordado á man 🧵_ Nobelo a nobelo

Diferentes puntos de bordado, a súa aplicación en proxectos téxtiles e desfrutar do proceso é o que María, de @nobelo_a_nobelo, nos ofrece nesta actividade. A través dos fíos e das formas, aprenderemos sobre esta técnica coa que, ademais, descubriremos o pracer que aporta este proceso a nivel persoal e mental. Aproveita esta oportunidade para darlle ... Ler máis

Taller de esmaltado en xoiaría 💍_ Soledad Mato

Con esta actividade de @soledadmato, aprenderemos a técnica do esmaltado en lume. Unha xornada na que descubriremos que é o esmalte vítreo, como clasificalo e como coidalo, para despois poñernos mans á obra coas paletas, os pinceis e o forno (mufla) e crear a nosa propia peza. Unha grande ocasión para coñecer esta técnica fascinante! ... Ler máis

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando