loader image
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Taller de encadernación con tear medieval _ Legendary Tales Editions

Xaneiro 13 @ 11:00 a.m. - Xaneiro 27 @ 2:00 p.m.

Seguimos organizando novas edicións dos talleres de encadernación.

Desta volta, María Ramírez, de Legendary Tales Editions, ensinaranos a facer unha encadernación cosida con tear medieval. O obradoiro ten como obxectivo aprender a elaborar o noso propio block inspirándonos na encadernación dos libros do século XIX.

Aprenderemos a:

_ Coser cun tear.
_ Coser una cabezada.
_ Encadernar nervios reais.
_ Facer un lombo redondeado.

A duración do taller son tres sesións de tres horas.

Aquí deixamos mais detalles desta formación:

Taller de: Encadernación dun block inspirado nos libros do século XIX
Técnica: cosido con tear medieval
Formadora: María Ramírez
Marca: Legendary Tales Editions
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Datas do taller (duración de 3 días): sábado, 13 de xaneiro / 20 de xaneiro / 27 de xaneiro
Horario: 11:00 – 14:00 h
Custo do taller: 95 € (todos os materiais incluídos)

Reserva a túa praza aquí: https://www.legendarytaleseditions.art

Contacta coa formadora:
_ Correo electrónico: legendarytaleseditions@gmail.com
_ Teléfono: 644 949 390

Coñece o traballo de María:
Instagram: @legendary_tales_editions

Detalles

Comezo:
Xaneiro 13 @ 11:00 a.m.
Remate:
Xaneiro 27 @ 2:00 p.m.
Categoría do Evento:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando