Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Taller de encadernación _ Legendary Tales Editions

Xaneiro 15 @ 5:00 PM - Xaneiro 17 @ 8:00 PM

Este Nadal agasalla a experiencia dun Obradoiro. Propoñémosche ideas:

Lanzamos novas datas para a modalidade de taller de encadernación dun block con tapa dura. Está impartido por María Ramírez de Legendary Tales Editions.

Este obradoiro ten como obxectivo aprender a elaborar o noso propio block de notas con tapa dura.

Aprenderemos a:
_ Facer un cosido de follas coa técnica da cadeneta francesa.
_ Encadernación dun block de tapa dura.
_ Dourado das follas do caderno.
_ Colocar gardas para protexer o contido.
_ E a dar o toque final especial: decorar con debuxos feitos coa punta térmica.

Empregaremos papel de alta calidade para crear o corpo do noso libriño e remataremos cunha encadernación monocromo ou a dous tons, segundo queiramos personalizalo. Imos ter ao noso dispor unha ampla variedade de papeis especiais que nos axudan nesa personalización.

A duración do taller son tres sesións de tres horas.

Aquí deixamos mais detalles desta formación:
Taller de: Encadernación dun block con tapa dura
Técnica: decoración con lettering, debuxos con punta térmica e dourado das follas
Formadora: María Ramírez
Marca: Legendary Tales Editions
Lugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade
Datas do taller (duración de 3 días): 15 / 16 / 17 de xaneiro
Horario: 17:00 – 20:00 h
Custo do taller: 85 € (todos os materiais incluídos)

Reserva a túa praza aquí: https://www.legendarytaleseditions.art.

Contacta coa formadora:
_ Correo electrónico: legendarytaleseditions@gmail.com
_ Teléfono: 644 949 390

Coñece o traballo de María:
Instagram: @legendary_tales_editions

Detalles

Comezo:
Xaneiro 15 @ 5:00 PM
Remate:
Xaneiro 17 @ 8:00 PM
Categoría do Evento:

Deixa un comentario

0
    0
    A túa cesta
    A túa cesta está baleiraVolver á tenda