Obradoiro · Iniciación ao lettering ou caligrafía artística
Maio 2 @ 11:00 a.m. - 1:00 p.m.

Entre tinta, trazos e paciencia nace a beleza da escrita feita a man ✨
Neste obradoiro de iniciación aprenderemos as bases do lettering e da caligrafía artística empregando ferramentas tradicionais e modernas. Durante a sesión faremos un pequeno achegamento ás leis do deseño aplicadas á tipografía creativa e coñeceremos técnicas de ornamentación como o fileteado ou a inspiración da tipografía miniada medieval.
A través da práctica cada participante experimentará cos trazos e composicións ata crear a súa primeira pequena obra caligráfica, feita coas súas propias mans. Un espazo para aprender, probar e gozar do proceso de escribir con calma 💛
Requisitos para poder participar:
👉 A partir de 8 anos
Actividade: Obradoiro “Iniciación ao lettering ou caligrafía artística”
Imparte: Nekojitanee Illustrations (@nekojitanee)
Lugar: Mercado Galego da Creatividade, Caldeirería 36, Santiago de Compostela
📅 Data: 2 de maio de 2026
🕐 Horario: 11:00 – 13:00
💶 Prezo: 40 € (materiais incluídos)
📲 Reservas: 605 14 12 41
#creativasgalegas #mercadogalegodacreatividade #lettering #caligrafía #talleres #santiago #compostela #deseñogalego #artesanía #creatividade






