Obradoiro · Deseño e creación dun pano en estampación dixital
Abril 25 @ 10:30 a.m. - 2:30 p.m.

Entre debuxo, cor e tecido nace unha peza única feita desde a túa propia imaxinación ✨
Neste obradoiro exploraremos o proceso de creación dun pano téxtil partindo do debuxo manual sobre papel. Traballaremos a composición, a cor e a relación entre ilustración, patrón e superficie téxtil, descubrindo como unha idea pode transformarse nunha peza real.
Non é necesario ter experiencia previa en debuxo: o obradoiro está pensado como un espazo de experimentación, proba e descubrimento, onde cada participante poderá investigar o seu propio estilo mentres goza do proceso creativo.
Durante a sesión desenvolverase un deseño persoal que posteriormente será dixitalizado e preparado para a súa estampación en seda. Unhas tres semanas despois, cada participante recibirá o seu propio pano de seda (aprox. 50 × 50 cm) impreso co deseño creado no obradoiro. Porque poucas cousas son tan especiais como levar posto algo que naceu das túas propias mans 💛
Requisitos para poder participar:
👉 Non se precisan coñecementos previos
Actividade: Obradoiro “Deseño e creación dun pano en estampación dixital”
Imparte: Sandra Parguiña (@sandraparguina)
Lugar: Mercado Galego da Creatividade, Caldeirería 36, Santiago de Compostela
📅 Data: 25 de abril de 2026
🕐 Horario: 10:30 – 14:30
💶 Prezo: 60 € (materiais incluídos)
📲 Reservas: 605 14 12 41
#creativasgalegas #mercadogalegodacreatividade #talleres #deseñotextil #estampacion #seda #creatividade #deseñogalego #artesanía #santiago #compostela






