Loading Events

« All Events

⭐ Obradoiro · Álbum de fotos acordeón ⭐

Abril 24 @ 5:30 p.m. - 7:00 p.m.

Entre recordos, papel e pequenas historias nace un álbum único feito coas túas propias mans ✨

Neste obradoiro crearemos un álbum de fotos en formato acordeón empregando cartulina, aprendendo paso a paso como construír a estrutura e darlle forma a unha peza pensada para gardar momentos especiais. Traballaremos o pregado, a composición e pequenos detalles que fan que cada álbum teña personalidade propia.

Un espazo para crear con calma, xogar co papel e dar vida a un obxecto cheo de significado, onde poderás pegar mini fotos por ambos lados e levar contigo unha pequena colección de recordos feita a man 💛

Requisitos para poder participar:
👉 De 8 a 15 anos

Actividade: Obradoiro “Álbum de fotos acordeón” (Monográfico · 1,5 h)
Lugar: Mercado Galego da Creatividade, Caldeirería 36, Santiago de Compostela
📅 Data: 24 de abril de 2026
🕐 Horario: 17:30 – 19:00
💶 Prezo: 20 € (IVE incluído · materiais incluídos)
📲 Reservas: 605 14 12 41

#creativasgalegas #mercadogalegodacreatividade #talleres #artesanía #feitoamao #scrapbooking #creatividade #santiago #compostela

Details

Date:
Abril 24
Time:
5:30 p.m. - 7:00 p.m.
Event Category:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando