Xogo Zoquiños dos Tahumis
26,00 €
Zoquiño de aprendizaxe ‘Montessori friendly’
Artesáns: Xosé Manuel e Ruth
Marca: SonAgasallo
Cos Zoquiños dos Tahumis, os/as peques aprenderán a anudar os cordóns dos zapatos practicando dun xeito moi natural. Reutilizando madeira de pallets inservibles, de forma totalmente artesanal, creamos outra maneira de aprender xogando, grazas á inspiración dos Tahumis, seres máxicos do monte Tahúme.
O traballo manual ca madeira destes Zoquiños, ten unha chea de ventaxas:
~ Fomenta habilidades motrices
~ Desenvolve a coordinacion ollo-man e a atención
~ Favorece a intelixencia motora
~ Mellora a visión espacial.
Pola súa fabricación artesanal, todas as pezas están suxeitas a pequenas variacións de tamaño, cores e outras características similares.