Turrón de Sabores

12 Obleas de trigo elaboradas artesanalmente

Produtora: Pilar Alonso

Marca: Xacobleas

Obleas en forma de cuncha de vieira con relevos relacionados co Camiño de Santiago.

Serven como snack saudable, decoración de postres, base de canapés e outras elaboracións doces ou salgadas.

Só ingredientes naturais, edulcoradas con estevia, conteñen gluten. (Aptas para diabéticos)

CLÁSICA: Oblea tradicional sen máis ingredientes que fariña de trigo e auga cun toque de estevia.

Sabor a pan e moi crocante, é a máis versátil para combinar con outros ingredientes.

COCO: Oblea de fariña de trigo, coco relado e un toque de estevia.

Un sutil sabor a coco que combina a perfección con calquera outra froita ou chococlate, se as comes soas no pararás ata rematar con elas.

Pode conter trazas de outros froitos secos.

CAFÉ: Oblea de fariña de trigo con café descafeinado.

Perfecta para acompañar cun xeado de vainilla ou postres con nata.

CANELA E XENXIBRE: Oblea de fariña de trigo con canela de Ceylán e xenxibre moído.

Unha vez na boca notas a canela, e despois aparece o frescor do xenxibre co seu toque picante.

Ideal para amendoados, turróns ou canapés.

Igual que o Camiño de Santiago, teñen infinitas combinacións, se necesitas ideas, dámoste unhas poucas no noso perfil de Instagram ou na web de xacobleas.es

Este produto non está dispoñible porque non quedan existencias.

SKU 10009F36TURRO Categories ,
0
    0
    A túa cesta
    A túa cesta está baleiraVolver á tenda