Xocobleas, bombóns galegos
5,50 €
Oblea, chocolate e un contrapunto de sabor
Produtora: Pilar Alonso
Marca: Xacobleas
Obleas en forma de cuncha de vieira con relevos relacionados co Camiño de Santiago.
Elaboradas de xeito artesanal, con chocolate belga e outros ingredientes de primeira calidade.
GOLD: Oblea de trigo con chocolate de doce de leite con dados de mazá o forno.
É o resultado da fusión dunha crocante oblea con chocolate caramelizado, maridada con dados de mazá.
Así conseguimos un intenso sabor a toffe e nata con aromas frutais.
WHITE: Oblea de coco con chocolate branco e framboesa.
Aporta un sabor fresco e delicado onde os aromas a leite e nata predominan no chocolate, aínda que a verdadeira protagonista é a framboesa.
Explosión de sabor con ingredientes 100% naturais.
DARK: Oblea de canela e xenxibre con chocolate negro e perlas de caramelo salgado.
Combina o potente sabor do cacao co frescor do xenxibre da oblea.
Todo acompañado do matiz salgado que lle aportan as perlas de caramelo.
BROWN: Oblea de cacao con chocolate con leite e cacahuete caramelizado.
Crocante oblea de cacao que combina a perfección cos anacos de cacahuete e un chocolate dde moita calidade.
¡Unha auténtica delicia!