
Taller de pintar selos _ Con un poco de papel
Abril 19 @ 5:00 p.m. - 7:00 p.m.

Xa que tivo moi boa acollida, facemos unha II edición do taller de pintura de selos. Colorear, estampar e darlle un toque diferente aos nosos materiais de traballo é, aparte de divertido e entretido, terapéutico e moi agradecido en canto aos acabados que nos permite.
Aínda que é unha técnica sinxela, require do coñecemento dos materiais para conseguir o resultado que buscamos.
Nesta xornada, acompañadas de María e Eva de Con un poco de papel, imos traballar con rotuladores de alcol para pintar os selos ata conseguir o produto final: un punto de libro ou marcapáxinas.
Anímaste a pintar selos connosco? Toma nota:
Actividade: Taller para pintar selos e estampar punto de libro con eles
Autoras: Eva e María
Marca: Con un poco de papel
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 19 de abril
Horario: 17:00 – 19:00 h
Taller gratuito
Reserva o teu taller aquí: Reservar
Coñece o traballo de Con un poco de papel:
Instagram: @conunpocodepapell
Facebook: Con Un Poco de Papel