
Taller de iniciación á xoiería _ Sonia Arnaiz
Abril 12 @ 4:30 a.m. - 8:30 p.m.

A xoiería de Sonia Arnaiz está baseada nas formas da natureza, terrestre e marítima. Así divide as súas coleccións, polas formas da súa fonte de inspiración.
É por iso que che propón estas temáticas da imaxe para que ti elixas, a peza e forma a crear.
Que imos facer neste obradoiro?
Un anel, un broche ou uns pendentes. Ti elixes.
Que imos aprender?
Neste taller de iniciación á xoiería imos coñecer:
- As ferramentas e materiais básicos da xoiaría: familiarízate coas ferramentas básicas empregadas e con como traballar con materiais como o latón ou a alpaca.
- As técnicas de corte e limado: aprende a cortar e dar forma ao metal coa máxima precisión.
- Os texturizados e os acabados: descubre como aplicar texturas e como facer os acabados das xoias.
- Montaxe e ensamblaxe das pezas que compoñen a xoia profesional.
*Usaremos latón dourado o alpaca. Se queres traballar con prata consúltanos o prezo do taller.
Actividade: Taller de xoiería
Autora: Sonia Arnaiz
Marca: Sonia Arnaiz
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 12 de abril
Horario: 16:30 – 20:30 h
Custo do taller: 65 €
Merca o teu taller aquí: Mercar
Coñece o traballo de Sonia:
Instagram: @sonia_arnaiz